As palabras galegas para a chuvia

Existe a crenza de que os esquimós inuit teñen centos de palabras distintas para designar a neve. Pero é falso. A falacia foi propalada polo antropólogo estadounidense Franz Boas en 1911. En realidade, as linguas inuit son polisintéticas, co que crean longas palabras que funcionan como frases completas. E por iso só teñen dúas raíces léxicas ou ‘palabras’ para a neve: ‘ganik‘, para os copos no aire; e ‘aput‘, para a que se acumula no chan. Que logo, cando se escoitan, parezan longas palabras só responde a que lle suman afijos que en galego serían adxectivos ou preposicións como ‘branca neve’, ‘neve a derreter’ ou ‘neve en po’.

Así que non é certa a lenda dos esquimós e a palabra neve. Pero si é verdade que os galegos teñen máis de cen palabras para designar a chuvia, das que 61 a denominan directamente. As razóns resultan bastante obvias.

PARA SEGUIR LENDO: GCIENCIA

Para chuvia feble: Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…

Para chuvia forte: Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…

Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…

Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…

Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…

E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…

 

Advertisements

Por que o éuscaro aumenta en falantes e cae o galego?

Txerra Rodríguez, sociológo vasco, destaca a experiencia de 30 anos de normalización en Álava. Di que a situación que se vive en Galicia é a inversa da que existe en calquera dos territorios de Euskal Herria, onde os mozos menores de 18 anos son os principais falantes do idioma autóctono.

Respecto a Galicia:“A tendencia cara o futuro non semella moi positiva”

Con respecto ao caso galego, o sociolingüista vasco considera que nestes intres a situación que se vive en Galicia é a inversa da que se vive en calquera dos territorios de Euskal Herria, onde os menores de 18 anos son os principais falantes do éuscaro. “O uso e o coñecemento do galego é moito máis amplo que alí, pero non sei ata cando se vai poder manter, xa que todo isto non deixa de ser un proceso social de xeracións”, recalcou Rodríguez, ao tempo que incidiu na idea de que alí se vive unha época de revitalización, mentres que en Galicia a situación é de retroceso, “pero, aínda así, penso que a situación galega segue sendo moito mellor ca vasca, se ben, a tendencia cara o futuro non semella moi positiva”.

PARA LER O ARTIGO COMPLETO: GALICIA CONFIDENCIAL

 

A película galega Dhogs gañou o premio á mellor longametraxe no Festival de Cine de Split

https://vimeo.com/91641356

O filme, rodado en galego, é a ópera prima de Andrés Goteira –Meira (Lugo)–, que corre a cargo tanto da súa dirección como do seu guión e conta na súa repartición cun gran elenco de figuras do audiovisual de Galicia como Antonio Durán ‘Morris’, Melania Cruz, Iván Marcos, Carlos Blanco e Miguel de Lira, entre outros.

Dhogs é unha coprodución de Gaitafilms e PixelFilms e foi filmada en varias localidades de Galicia como A Coruña, Viveiro (Lugo) e As Pontes (A Coruña), así como no deserto de Tabernas (Almería).

A longametraxe conta a historia de varios personaxes peculiares (un taxista, unha bela muller ou un exmilitar) que ven entrecruzadas as súas vidas.

Dhogs, estreada a finais de abril no Festival Internacional de Cinema Independente de Buenos Aires, converteuse este verán na primeira película en lingua galega en participar na sección oficial do Festival de Cinema de Sitges.
O PROXECTO: AQUÍ

O reino suevo de Galicia pode considerarse o primeiro Estado de Europa

En el siglo V, a la caída del Imperio Romano, llegan a Galicia los Suevos, creando el Reino de Galicia, primer estado de Europa. MUNDIARIO inicia la publicación de una historia de Galicia revisada.

Los Reyes de Galicia a través de la historia. Estas tierras del noroeste de la península están habitadas desde el Paleolítico Superior  por  los Oestrymnios, primeros ocupantes, llamados así por los romanos (entre otros Avieno en el siglo IV de nuestra era). Después llegaron otros pueblos a establecerse en esta tierra. En el siglo VI a.d.c., llegan los Celtas llamados saefes o serpientes. Pueblo indoeuropeo que introduce en Galicia el uso del hierro y  la cultura Hallstat, la cultura castrense, su modo de vida.

Mas tarde, en el año 183 antes de Cristo, llegan los romanos. A la cuarta provincia creada por Augusto al dividir la Tarraconense, el emperador Diocleciano en el año 214 le da el nombre de Gallaecia que significa Terra dos Celtas, provincia romana formada por los “conventos” de Lugo, Braga y Astorga. Es importante señalar que los romanos dejaron en Galicia una nueva organización territorial, un nuevo idioma y una nueva religión, el cristianismo. Al marcharse, no obstante se siguió transmitiendo por el pueblo estos nuevos valores.

Luego llegan los Suevos. En el siglo V a la caída del Imperio Romano llegan a Galicia los Suevos. Con un acuerdo, ”Foedus”, con el emperador romano Honorio forman el Reino Suevo de Galicia, considerado el primer estado de Europa. Los primeros Reyes de Galicia son los Suevos:

Para saber máis:

Rara por natureza (María Canosa en Prolingua)

Son “a rara”. Si, ese espécime estraño e en vías de extinción (isto último, por desgraza, vai sen ironía) que fala galego. Venme chegar de lonxe e xa me cheiran, míranme agardando que fale, porque darei os bos días ou as boas tardes en galego.

E de aí, pensarán que se vou a unha festa só saberei bailar se me poñen unha muiñeira.

Xa bo é que non usa zocos! –léolles na mente-. Ai non. Que ten un traxe de cando facía baile tradicional que reconverteu en minisaia e úsaa con zapatos de tacón.

É moi rara!!! Xa volo avisei! Moito galego, si, pero no dos zapatos… como os das demais.

PARA SEGUIR LENDO: PROLINGUA

O Sistema de Indicadores do Euskera (EAS) xa é proxecto europeo.

O EAS ofrecerá unha ferramenta científica para medir a evolución do euskera de forma continua, grazas a 29 indicadores que ofrecerán unha imaxe puntual en todo momento.

O Fondo Europeo -FEDER sufragará o 65% do proxecto

O proxecto EAS pode servir de axuda a cualquera lingua europea en proceso de revitalización.

PARA SABER MÁIS: AQUÍ

-E POR QUE NON TEMOS PARA O GALEGO ALGO SEMELLANTE?

-Tal vez porque os indicadores do proxecto EAS deberán ofrecer unha base sólida a todos os axentes sociais e institucionais para poder realizar o debate sobre normalización lingüística en termos racionais, definir os obxectivos das políticas lingüísticas e executar debidamente as políticas públicas?