Vivir e morrer en Terranova

Maremagnum

arbore

Despois de ler O último día de Terranova, de Manolo Rivas

Un soño. Un mundo. Un refuxio. Un fogar. A vida mesma. Iso significa Terranova: a vida mesma. Todos coñecemos un lugar que nos fai sentir seguros, un lugar onde escondernos do exterior, onde poder medrar sen medo, sen problemas. Todos coñecemos un lugar que ten, ás veces, máis vida que nós mesmos. Para Vicenzo Fontana ese lugar é Terranova.

Terranova é unha librería que naceu en plena guerra civil, no verán do 35, cando o avó Antón faleceu e a súa filla Comba materializou o soño que sempre tivera seu pai coa axuda de Amaro, o seu home. Nese soño vive hoxe Vicenzo, o fillo dos fundadores. Pero a vida de Terranova remata na primeira páxina, na primeira liña, na primeira palabra que lemos nada máis abrir a novela: liquidación final. O peche deste lugar provoca que…

View original post 589 palabras máis