QUEREMOS GALEGO INICIA UN NOVO CALENDARIO DE MOBILIZACIÓNS PARA EXIXIR A DERROGACIÓN DO DECRETO DE PLURILINGÜISMO

A plataforma Queremos Galego, que aglutina máis de 700 entidades e que está coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, anunciou hoxe un novo calendario de mobilizacións para exixir a derrogación do Decreto 79/2010 de Plurilingüismo e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento no ano 2004.

Queremos Galego xa puxo en marcha unha recollida de sinaturas a través da súa páxina web e fai un chamamento á sociedade para que participe nunha concentración diante da Xunta en  Santiago convocada para as 12:00 horas do día 12 de 2012 e  nunha manifestación nacional que sairá  doce da Alameda de Santiago o 27 de xaneiro.

Queremos Galego agarda que a mobilización do 27 de xaneiro volva ser un fito histórico e convidan á sociedade galega para que “fale o que fale” amose que o trato que se lle dá ao galego desde que Feijoo é presidente da Xunta non é o adecuado.