Cibrán, Milhomes e o Bocas regresan a Auria

Os Cibrán, Milhomes e Bocas da adaptación cinematográfica d’A Esmorga xa teñen rostro e nomes: Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán Morris, o trío que recreará as 24 horas de borracheira polas rúas de Auria recollidas na novela de Eduardo Blanco Amor.

Para saber máis, pincha aquí: PRAZA PÚBLICA

Roteiro Literario de A esmorga

Imos facer un roteiro pola cidade de Ourense, percorrendo os espazos polos que deambularon, mollados pola chuvia e polo viño, os tres esmorgantes aos que Blanco-Amor deu vida.
Este será o noso percorrido: ROTEIRO, trasladado a Google maps, seguindo os pasos do Roteiro elaborado pola Asociación Alexandre Bóveda.
Pero de nada valerá deternos en cada curruncho onde se agocharon aquela noite o Castizo, o Bocas e o Milhomes, se antes non lembrades a historia tráxica destes seres marxinais, ou se nada sabedes do autor que os creou nin da época en que foi enxendrada a primeira novela galega urbana e moderna.
Para encher os ocos da vosa fráxil memoria ou para facervos simplemente con datos que vos poidan axudar a desfrutar do que vexades, déixovos aquí este enlace á páxina que creei para esta ocasión: AULAS DE LINGUA E LITERATURA.
Tamén podedes atopar os enlaces na Aula Virtual.

De esmorga

Os GUEZOS renden esta homenaxe á obra de Blanco Amor, A Esmorga

Guezos nace en 1999 na cidade de Ourense, como proxecto de grupo musical tradicional, sen excesivas pretensións. O seu primeiro traballo aparece un ano despois en forma de maqueta, un traballo de corte tradicional con sons moi acústicos do que se chegarían a vender máis de 1.000 copias. Con esta maqueta xa na rúa Guezos lánzase ó directo. Deste xeito percorre unha boa parte da xeografía galega e entra en contacto directo con outras bandas de inquedanzas semellantes. Despois de varios cambios na formación inicial a banda grava o seu segundo traballo en 2004, “Terradentro”. Un disco máis contundente e experimental no que queda patente a súa continua procura dunha identidade propia. Este traballo abriríalle as portas en festivais de tanta sona como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, a Noite do Trasno, o Folkardente ou o Festival Folk de Vilariño, compartindo escenario con Mercedes Peón, Os Cempés, Susana Seivane, Lamatumbá, etc. O 2006 será un ano importante para a banda, que contará co apoio dun público que fará do seu tema “A das Festas” o máis votado no concurso da RTVG “A Polo Ghit”.

FONTE: A REGUEIFA PLATAFORMA

GRAZAS, IRENE!!!!!!!!!!!