A boneca de Noa

Esta curta levou o 3º premio no Certame de vídeos para o Samaín organizado polo ENL do IES Félix Muriel. Noraboa, Noa!

Os meus mares

Maremagnum

soroya Idilio no mar, Joaquín Sorolla

Trátase de desfrutar. Pechar os ollos e desfrutar. Trátase de sentir o que non perciben os sentidos, como cando se durme tan profundamente que ao espertar semella que pasaran só un par de segundos. Trátase, si, de sentir, pero de sentir como senten as gaivotas o vento cando planean directas cara o mar. Trátase de diferenciar cada gran de area baixo os pés, cada gota de salitre no pelo.

Sempre o mar, o mar sabe de sentir, coñecedor de cada sensación dos seus navegantes de auga e terra. Sempre o mar, sempre entre mares me movo. E hai distintos mares, a túa lingua, por exemplo, recorrendo as miñas costas nun vaivén de ondas camufladas entre os beizos. O meu mar particular que tanto se asemella á auga que agora molla os meus pés entre escuma e areas, suavemente, como o mar do sol que me…

View original post 141 palabras máis