A TVG pide a unha presentadora que non utilice a ‘gheada’

Até fai unhas semanas, o espectador/a da TVG que conectase a canle un sábado ou domingo ao mediodía podía escoitar unha forma de falar inédita na cadea. A presentadora de A Revista do fin de semana, Lorena Pose, dirixíase ao público falando con gheada, dicindo “ghracias” ou “ata logho”, o que resultaba chocante para un espectador/a habituado a unha normativa estándar. Pero o atrevimento inusual da presentadora chegou ao seu fin o pasado fin de semana: Lorena Pose pasou a falar outra vez en galego normativo estándar. (tradución do artigo en castelán, na súa versión orixinal)

FONTE DE INFORMACIÓN: EL PAÍS

Advertisements

A potencia da Xeración Xabarín

 

Escríbeme Lu:

Eu pertenzo a esa xeración! E é o mellor recordo que teño de cando era cativa: chegar a casa, facer o bocata de nocilla e poñerse cara ao xabarín a ver Dragon Ball, Doraemon, Gato-can… Ou  escoitar o Churras! Churras! dos Herdeiros, a canción da Vacaloura…
E que marcou sen dúbida un antes e un despois!!
Oxalá volvese a teleghaita con aquel papel relevante pero discreto…
Que morriña!
SE QUERES SABER MÁIS, PINCHA AQUÍ: PRAZA PÚBLICA