Un polbo é un polbo

Case tres meses despois e cando xa a polémica foi esquecida, a Real Academia Galega fixo pública a súa postura ante a escolla entre “polbo” ou “pulpo”.

Como non podía ser doutra maneira ratifica a escolla de POLBO como única forma propiamente galega e argumenta:

1. Non hai ningunha dúbida de que polbo é voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual.
2. A palabra pulpo, moi utilizada na fala actual, suscita dúbidas sobre o seu carácter patrimonial.
3. Un dos criterios establecidos para a escolla entre formas léxicas para a variante normativa do galego é que “entre dúas voces ou variantes concorrentes, unha das cales é indubidablemente galega e diferencial e a outra dubidosa, escóllese a primeira”.
4. A palabra polbo, diferencial e galega, e consolidada actualmente no uso escrito, presenta continuidade cara ao sur no portugués polvo.

NADA NOVO BAIXO O SOL!

Ao que podíamos engadir aquel que di… NUNCA É TARDE, SE A DITA É BOA!

FONTE: RAG

Advertisements

Hai polémica! Podemos escribir PULPO en galego?

O concello do Carballiño, onde se celebra a famosísima Festa do Polbo, solicitoulle á Real Academia Galega que inclúa no dicionario galego o nome do produto protagonista desta senlleira festa, que este ano celebrará a súa edición número 52.

Evidentemente o nome dese cefalópodo xa está incluído no noso dicionario, “polbo“. O problema é que o Concello do Carballiño quere que a Academia inclúa no noso dicionario o nome en español, “pulpo“. A razón que argumenta é que “sempre foi pulpo”. Como sempre foi “cuchara”, e “sartén”, e “silla”, e… podemos argumentar nós.

Pero o preocupante é a resposta do presidente da Real Academia Galega: non se pronuncia. Alonso Montero di que a decisión deben tomala “especialistas en lexicografía”.

Deberán tamén decidir eses especialistas, algún día, a inclusión de El Roblecito, en troques de O Carballiño, na toponimia galega?

FONTE: SERMOS GALIZA

GRAZAS, ANXO, POR ESTE MAGNÍFICO DOCUMENTO SOBRE O GALLEGO DA RAG!