A situación da lingua galega entre 1916 e 1936 (por Irene Conde)

No comezo do século o galego continúa a ser a lingua maioritaria da poboación, pero comeza a perder falantes. O castelán é a lingua hexemónica entre as clases dirixentes e nos distintos ámbitos de uso formais mentres que o galego está excluído do ensino e dos medios de comunicación. Conscientes das serias carencias que presenta, diversos grupos culturais e políticos loitarán neste período pola recuperación do galego como lingua culta, supoñendo así este século un avance cualitativo importante para a lingua.

Entre estes grupo330px-carnet_das_irmandades_da_fala_de_1917s destacan as Irmandades da Fala, fundadas na Coruña en 1916 por Antón Vilar Ponte, dotadas dun importante medio de expresión exclusivamente en galego (A nosa terra), a dignificación e promoción da lingua galega é un dos seus principios fundamentais. Potenciaron o uso do galego en todo tipo de ámbitos, fundaron editoriais, publicaron Algunhas normas p r a a unificación do galego e un dicionario castelán-galego, puxeron en marcha o Seminario de Estudos Galegos…330px-a_nosa_terra2c_1916

Outro grupo que impulsou o galego foi o da xeración Nós, á cal se vinculan, entre outros, Risco, Cuevillas, Castelao e Otero Pedrayo. Eles sacan o galego e a cultura galega do folclorismo e do influxo do castelán, modernizándoo e universalizándoo.

Ademais, un grupo de estudantes universitarios, entre os que figuran Figueira Valverde, funda en 1923 o Seminario de Estudos Galegoscoa finalidade de dotar a Galiza dunha institución que fixese posíbel o estudo de todos os seus campos. Con eles, potenciarase e ampliarase o uso do galego na prosa científica e técnica e desenvolverase unha actividade investigadora e divulgadora nas distintas áreas do saber.

Tamén impulsou o galego o Partido Galeguista, o cal fora fundado en 1931 e tiña en 1936 como obxectivo a consecución da autonomía para Galiza centrando os seus esforzos na redacción dun estatuto de autonomía que foi aprobado polas Cortes. En dito estatuto estableceuse a cooficialidade do galego co castelán e o dereito ao seu uso no ensino, aínda que o golpe de Estado franquista impediu a súa entrada en vigor.

300px-vocabulario_castellano-gallego_das_irmandades_da_fala_28193329Os escritores deste período caracterízanse por intentar superar o dialectalismo ou interdialectalismo do período anterior, en favor dun intento de supradialectalismo que constituirá o xerme dunha posterior normativa unificadora. A tarefa principal é a purificación da lingua de

castelanismos, o cal sen unha seria base lingüística, levará aos escritores a facelo rexeitándose palabras que coinciden coas castelás ao identificalas incorrectamente como castelanismos e substitúense por outras formas diferentes (e erradas) como hipergaleguismos, vulgarismos, dialectalismos e arcaísmos. Durante este anos materialízanse os primeiros intentos de camiñar cara á consecución dunha lingua estándar, entre os que destacan o Compendio de Gramática Galega, a Gramática do idioma galego…

En conclusión nesta época prodúcese un proceso de recuperación do galego na cultura, na literatura, na ciencia e na política, empezando a introducirse en novos ámbitos como o ensaio, a narrativa, a política… grazas á chegada das entidades normalizadoras, aínda que o castelán segue sendo a lingua de prestixio, difundindo actitudes negativas cara o galego e sendo a única utilizada no ámbito escolar, na igrexa…

Advertisements

iFala

O colectivo Ora galega organiza unha exposición itinerante arredor das Irmandades da Fala co gallo do seu centenario. O 20 de maio deuse a coñecer a súa iniciativa co nome iFala, e tamén o contedor da exposición, un autobús de duplo andar.

“A mostra reproduce a historia desde unha perspectiva moderna e innovadora, mostrando que o legado das Irmandades está vixente e pode interesar tamén á xente nova. Os vídeos elaborados por persoas do noso mundo creativo contaxian o mesmo entusiasmo que levou á súa creación hai cen anos”, explicou a vice-presidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartí.

De facto, o autobús incorpora materiais interactivos e tamén música. Unha peza interpretada polo colectivo arte-terrorista Poetarras, guionizada por Illa Bufarda e no que colaboran facianas ben recoñecíbeis da escena galega como De Vacas, Ses, Isabel Risco ou David Amor.

Alén diso, paneis expositivos fan un percorrido histórico en forma de liña do tempo desde os Mártires de Carral até o golpe de 1936 cunha información básica que se pode completar no aplicativo e na páxina de iFala. A iniciativa, dixo o profesor Carlos Quiroga, de Ora galega, “fai xove algo que ten un século mais mostra unha vixencia alucinante. Ficamos nós mesmos emocionados co produto”.

FONTE: SERMOS GALIZA

PARA SABER MÁIS SOBRE AS IRMANDADES DA FALA, PREME AQUÍ: MARLOU