Non pasa nada, é Nadal

Maremagnum

La Navidad, Pieter Brueghel Pieter Brueghel, O Nadal

Sempre hai dous tipos de persoas para todo neste mundo. Hai quen fai esta distinción baseándose na personalidade, nos gustos, no traballo… quizais até nas manías, nos problemas, nas afeccións… incluso na rutina, nos prexuízos, na ideoloxía… Eu tamén penso que hai dous tipos de persoas neste mundo: ás que lles gusta o Nadal e ás que non.

Durante os últimos anos, coa chegada de decembro, fun considerada un ser sen sentimentos, frío e duro, un Scrooge de Dickens envolto no pesadelo de Burton, o Grinch personificado. A todas esas persoas, ás que tolean con catro luces e viven nun soño americano, ás que realmente se transforman nestas datas, véñolles dicir que o Nadal non existe. A orixe do Nadal como celebración cristiá hai moito que foi absorbida polo capitalismo para facer desta época un campo de batalla no que só gaña o consumismo. As grandes…

View original post 608 palabras máis