Carvalho Calero

Este ano adícaselle  o Día das Letras Galegas ao autor reintegracionista Carvalho Calero, pero sabemos todos que é o Día das Letras Galegas? Como xa saberedes, celébrase cada 17 de maio como homenaxe á primeira publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Esta data marca o comezo do rexurdimento galego en 1863.

Carvalho Calero está considerado como un dos grandes pensadores sobre a postura reintegracionista, unha corrente lingüística, cultural e social que sostén o parentesco do galego co portugués, e propón modificacións cara a unha maior similitude cos lusos. Carvalho Calero nace en Ferrol (1910)  pero rapidamente se traslada a Santiago para estudar dereito e filosofía. Entra en contacto co galeguismo e co Partido Galeguista. Colabora con revistas importantes da época como A Nosa Terra ou Nós. Redactou o anteproxecto do Estatuto de Autonomía presentado polo Seminario de Estudos Galego.

O golpe de estado sorpréndeo en Madrid, e loita desde o bando republicano pola defensa da capital. No final da guerra, como tenente republicano en Andalucía, é acusado de separatista e condenado a doce anos de cárcere. Ao saír do cárcere é apartado de postos públicos e deberá recorrer ao ensino privado e aos seus contactos galeguistas para sobrevir. A partir dos anos 50 retomará a súa actividade literaria, publicista e ensaísta. Entra a formar parte da Real Academia Galega en 1958 e acabará sendo o primeiro catedrático en impartir clases de lingüística e literatura galega na Universidade de Santiago de Compostela desde 1972.  Finalmente morre en Santiago de Compostela en marzo de 1990. Con referencia á súa produción literaria, foi un autor prolífico que cultivou todos os xéneros pero destaca sobre todo polo seu ensaio  Gramática elemental do galego común, 1966 e  Da Fala e da Escrita, 1983; así como a súa Historia da Literatura Galega Contemporánea (1963). Como autor literario, a súa novela A xente da barreira será a primeira en ser publicada en galego na posguerra (1951), se ben a que maior éxito lle deu foi Scórpio (1987).

Pola outra banda, resaltamos que este autor non foi homenaxeado antes, no Día das Letras Galegas, debido principalmente a diferenzas internas da RAG. Carvalho Calero foi proposto durante moitos anos para recibir esta honra, pero non foi aceptado ata este ano. Isto débese á súa postura reintegracionista, a cal se enfronta co oficialismo da Real Academia Galega. Isto mantívoo lonxe das preferencias para ser elixido e homenaxeado. A discusión entre os partidarios do lusismo e os defensores da norma RAG prolóngase desde hai décadas. Non é algo novidoso de agora. Ademais,  este debate non está exento de tinguiduras políticas, pois o reintegracionismo é unha opción especialmente popular entre o nacionalismo e o independentismo de esquerdas.

A pesar disto, a loita interna polo liderado da institución entre os dous grupos de intelectuais fixo posible que este ano se lle adiquen as letras, pois os dous bandos están a favor da súa proposta, posto que recoñecen o seu labor no campo lingüístico e do galeguismo.

Carvalho Calero foi un autor galego moi importante, pai do reintegracionismo. Estivo vinculado e estreitamente relacionado co galeguismo e colaborou en importantes entidades da época. Finalmente, 30 anos despois da súa morte, e 110 anos do seu nacemento, é homenaxeado hoxe co Día das Letras Galegas 2020.

ESTE ARTIGO FOI ESCRITO POR JAVIER ORDÓÑEZ

PRESENTACIÓN ELABORADA POR PALOMA SOBRADELO

PRESENTACIÓN ELABORADA POR LÍA SEIJAS

PARA SABER MÁIS SOBRE CARVALHO CALERO: AULAS GALEGAS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.