A escola actúa como un axente “desgaleguizador”, destaca a RAG

Ler a noticia en Praza

Proposta de liñas de actuación

  • Os nenos e nenas procedentes de familias castelanfalantes adoitan carecer de referentes lingüísticos en galego (próximos). O estudo aposta por dotar a este sector do alumnado de referentes en lingua galega, tanto familiares coma iguais. Para o primeiro pode traballarse cos cativos e cativas na historia sociolingüística familiar de cada un/ha, o que lles permitirá atopar referentes familiares en galego nas súas propias familias; para o segundo sería interesante establecer relacións de colaboración, presenciais ou a través de medios tecnolóxicos, con outros centros educativos cun maior índice de galegofalantes.
  • Para reducir o número de nenos galegofalantes que na escola deixan de falar galego e pasan ao castelán, proponse “traballar coa conciencia metalingüística e aumentar a resistencia ao cambio deste sector do alumnado”. “É preciso traballar cos cativos cuestións como cando e onde falan galego, cando e onde falan castelán, se se trata dun cambio voluntario e involuntario e, finalmente, por que realizan eses cambios”, sinálase.
  • O estudo recolle unha predisposición lingüística positiva cara ao galego por parte do alumnado con respecto a ítems xenéricos como a validez do galego. Porén, as actitudes positivas cara a ítems concretos relacionados cos medios de comunicación ou áreas de interese dos nenos e nenas como, por exemplo, os videoxogos, redúcense ata o 50%. O informe aposta por incidir nestes ámbitos.
  • Os datos amosan que as nenas empregan máis o galego que os nenos. O informe suxire traballar o modelo lingüístico de xénero e tamén, en concreto, as razóns de por que as rapazas empregan máis o galego que os rapaces cando os datos indican que nas familias a situación é a inversa: os pais empregan máis o galego que as nais.
  • En canto ás familias apóstase por traballar con nais e pais “nunha redefinición do concepto de plurilingüismo”. “Nesta órbita cómpre tamén salientar a importancia de coñecer o galego e aprendelo desde pequenos (é dicir, o seu valor instrumental) á hora de adquirir outras linguas ao longo da vida”, destácase.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.