21F. Día da lingua nai.

21F19. A ONU, por primeira vez en galego: “Fuxamos da idea de que os Estados deben ter só unha lingua”. (Ler a noticia en Praza)

A beleza da diversidade lingüística está en que nos revela o enxeñosa e flexible que é a mente humana. A mente humana non inventou un universo cognitivo, senón 7000, hai 7000 linguas faladas no mundo. E podemos crear moitas máis. As linguas son cousas vivas, cousas que podemos cambiar para adaptalas ás nosas necesidades. O tráxico é que estamos perdendo moita desta diversidade lingüística continuamente. Estamos perdendo unha lingua por semana, e segundo algunha estimación, a metade das linguas do mundo desaparecerán nos próximos 100 anos. E o peor é que, agora mesmo, case todo o que sabemos sobre o cerebro e a mente humanas baséase en estudos feitos a estudantes falantes de inglés americano nas universidades. Iso exclúe a maioría da humanidade. Así que, o que sabemos da mente humana é moi restrinxido e parcial. @s falantes de linguas distintas pensan distinto. A lingua que falamos modela a forma en que pensamos. E iso lévanos a preguntar: “Por que pensamos da forma en que o facemos?” “Como poderíamos pensar diferente?” “Que pensamentos queremos crear?” 

20N19. As autonomías plurilingües piden ao vindeiro Goberno de España “cumprir” coa diversidade idiomática e premian a Guadi Galego. (Ler a noticia en Praza)

Na xuntanza anual do seu protocolo de colaboración en materia lingüística, que botou a andar en 2007, os gobernos galego, vasco, catalán, navarro, balear e valenciano pactaron a ‘Declaración de Bilbao’ dirixida ao vindeiro Goberno do Estado .

Fronteres é o segundo sinxelo de IMMERSION, unha adaptación do texto ao catalá por Pau Brugada interpretada por Guadi Galego, Clara Peya, Judit Neddermann, Vic Moliner e Pau Brugada. É o resultado dunha interacción emocionante do tema de Guadi Galego. Arranxos, produción e mestura O L I V E R A ( Pau Brugada e Vic Moliner)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.