Construíndo Babel

O día a día do Parlamento Europeo é un milagre comunicativo. Os 751 eurodiputad@s que conforman o hemiciclo comunitario poden expresarse en calquera das 24 linguas oficiais da Unión e ser perfectamente entendid@s. Este “milagre comunicativo” que óbrase grazas ao servizo de interpretación da Eurocámara, o máis grande de todo o mundo.

O Parlamento Europeo é a organización internacional que traballa con máis idiomas, non hai ningunha institución que se lle poida comparar. Nin as Nacións Unidas, que traballa con 6 linguas oficiais; nin a antiga Unión Soviética, en cuxo parlamento tiñan cabida todas as linguas do Imperio soviético. Por iso é considerado como “a Meca” dos intérpretes (a media de idiomas que domina á perfección un intérprete é en torno a cinco ou seis, ademais da súa propia lingua materna), un lugar “moi atractivo” pola cantidade de linguas que se falan e, sobre todo, un lugar especial polo que representa para a cidadanía europea, que pode desfrutar do seu dereito a “entender” o que sucede no Parlamento no seu propio idioma.

Até 48 idiomas foron interpretados na Eurocámara. Se ben, ás veces xorden problemas por distitntas razóns. Hai idiomas que representan unha dificultade á hora de atopar intérpretes. É o caso de países moi pequenos como Malta e Irlanda; pero tamén outros como Reino Unido, onde o estudo de linguas extranxeiras non está moi estendido; pola contra, os Países Baixos e Dinamarca, teñen un elevado nivel de inglés polo que precisan menos de intérpretes.

Un dos intérpretes do Parlamento Europeo lembra con emoción unha conferencia de lingua de signos. Grazas aos intérpretes produciuse unha conversa entre unha señora flamenca xordomuda expresándose en neerlandés e un señor húngaro, tamén xordomudo.

A cooficialidade, a última barreira

Polo momento, as linguas cooficiais, como o catalán, o galego ou o euskera, non están representadas na Eurocámara, aínda que si o están no Comité das Rexións, outra das institucións con sede en Bruxelas. Se ben, os intérpretes recoñecen que, se chegara o momento da súa oficialidade, poderían traballar con elas sen problema.

FONTE: aquieuropa

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.