O país dos dous millóns de nomes

Artigo publicado en Praza Pública o martes 24, decembro 2019

Galicia ten mil ríos, máis de 30.000 núcleos de poboación (o 40% dos existentes en todo o Estado) e un universo aínda máis numeroso e complexo de lugares, camiños, penedos, fontes, regos, farallóns e leiras. Un mapa invisible construído a través das xeracións no que cada elemento tiña o seu nome, unha forma de relación co territorio e un coñecemento que corre o risco de perderse en paralelo co despoboamento e abandono do medio rural. Adoita dicirse que cada vez que morre un vello ou unha vella pérdese unha biblioteca enteira e moitos deses libros están ocupados polos nomes dos lugares.

O Nomenclátor de Galicia recolle os topónimos principais, pero por debaixo hai aínda centos de milleiros de microtopónimos tradicionais que a ferramenta dixital Galicia Nomeada busca identificar, conservar e localizar. A plataforma está impulsada pola Real Academia Galega e a Xunta de Galicia e ademais de basearse en bases de datos existentes, anima á cidadanía a colaborar para recoller alí os nomes empregados tradicionalmente nas súas zonas.

A ferramenta pretende facilitar a cooperación cidadá interxeracional para a recolleita da microtoponimia, permitindo aos usuarios e usuarias xeorreferenciar os nomes do territorio da súa contorna e acompañalos de fotografías, textos e gravacións coa súa pronuncia, lendas asociadas ou descricións. Os topónimos introducidos polos usuarios serán supervisados por un equipo de especialistas do Seminario de Onomástica da Academia, responsable dos contidos da plataforma. 

Ata o momento recompiláronse máis de 478.000, pero calcúlase que en total poderían superar os dous millóns, case un por cada habitante de Galicia. Pódese navegar polo mapa, concello a concello, facendo zoom, ou buscando un microtopónimo concreto ou unha categoría determinada (baixío, furna, coído, pedra, braña, poza, prado, hórreo…).

FONTES DE INFORMACIÓN:

FERRAMENTAS:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.