As linguas, cuestión de dereitos

1518778713_913024_1518780502_noticia_normal_recorte1Aproximadamente un 40% da cidadanía vive en comunidades con máis dunha lingua oficial. Sen contar cos que viven en comunidades con linguas sen estatuto de oficialidade (Asturias, Aragón, Castela e León, Extremadura, Ceuta, Melilla) ou os miles de inmigrantes que enriquecen a diversidade lingüística.

En España, por tanto, unha parte moi relevante da poboación ten a sorte de comunicarse habitualmente en máis dunha lingua. Sorprende que esa riqueza sexa vista como unha agresión e que certos partidos políticos queiran prohibir o seu uso na esfera pública. Lexislar para garantizar a ignorancia parece o novo argumento de campaña. Isto choca frontalmente co mandato do artigo 3 da Constitución que obriga á protexer todas as linguas e acada comunidade a regular o seu uso, e así o deixou sentenciado o Tribunal Constitucional.

Ergo, é impropio de “constitucionalistas” privar dos seus dereitos lingüísticos aos falantes das outras linguas oficiais. Entre eses dereitos está que a Administración fale cos cidadáns e coas cidadás a través de servidores públicos lingüísticamente competentes. Trátase dun labor de atención á cidadanía e non do exercicio caprichoso dunha liberdade baseada na imposición das propias preferencias lingüísticas. Os empregados públicos e as comunicacións administrativas nas comunidades bilingües están condicionados a facilitar os dereitos dos cidadáns e das cidadás, polo tanto a atendelos na lingua que estes elixan. O TC deixouno claro na Sentenza 46/1991.

O ensino é o primeiro paso para construír unha cidadanía capacitada para exercer os seus dereitos. Aí é onde hai que garantir a igualdade de oportunidades.  enseñanza es el primer peldaño para construir una ciudadanía capacitada para ejercer sus derechos. As distintas comunidades autónomas seguiron modelos diversos, uns máis exitosos que otros. Así o advirte reiteradamente o Consello de Europa, cuxos informes sobre o (in)cumprimento dos compromisos ratificados na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias loan os resultados do modelo catalán e sinalan a ineficacia de sistemas, como o galego, con presenza reducida da lingua propia.

Habería que preguntarse por que, nun Estado con case a metade da súa poboación bilingüe, esta realidade está ausente nos medios ou considérase unha extravagancia que as institucións centrais (de todos) acepten un escrito ou declaración nas outras linguas oficiais.

As linguas abren portas ao mundo. O monolingüismo é a excepción nas sociedades actuais.

ARTIGO DE ALBA NOGUEIRA: EL PAÍS

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.