celtia.org

Para o Día da Ciencia en Galego deste ano, que coincide co Ano Internacional da Táboa Periódica, propuxeron como homenaxeados a Mendeleiev e a Luís Liz Marzán, director do Centro de Investigación Cooperativa en Bíomateriais, CIC biomaGUNE, e porque está a traballar en nanotecnoloxía.

Este ano tamén se celebra o ano internacional das linguas indíxenas e, por esa razón,  celébrase a primeira lingua de Galicia, a celta, tal e como nos contan aquí, en celtia.org, desde Igaciencia. Iso está escrito na toponimia galega.

Con respecto ás linguas, o homenaxeado é Chomsky, un lingüísta creador da gramática xenerativa que dá pé para abordar moitas outras temáticas máis estritamente científicas como as linguaxes de programación, as análises de ADN, a lingüística computacional ou mesmo abordar un dos problemas máis importantes da Ciencia, se o cerebro e a consciencia xiran arredor da linguaxe,  como xeradora da mente.

O outro homenaxeado é Manuel Murguía, un dos poucos prohomes que si creía  e defendía a nosa ascendencia celta.

PALABRAS CELTAS NO GALEGO

Advertisements