21 de Febreiro, día da Lingua Nai

“A lingua é unha ligazón esencial co noso pasado, o vínculo principal das nosas culturas, e a ferramenta básica para comunicármonos e compartir coñecementos, lembranzas e historia”.

Así o explica o Relator Especial de Dereitos Humanos da ONU Fernand de Varennes no comunicado emitido polo Día da Lingua Materna que, por primeira vez, está en galego.

“A lingua, para moitas persoas, é un dos principais marcadores do centro da súa identidade, e a súa dimensión é un trazo humano único que se debe asumir e celebrar”, comeza o documento, traducido a 27 linguas. Segundo a Mesa pola Normalización Lingüística, que hai unhas semanas mantivo unha xuntanza con Varennes, é a primeira vez que as Nacións Unidas difunden un comunicado en galego.

E faino para conmemorar o 21 de febrerio, Día Internacional da Lingua Materna, establecido pola Unesco en 1999 e recoñecido formalmente pola Asemblea Xeral da ONU en 2008. “Os problemas lingüísticos, con frecuencia, implican importantes dereitos humanos que afectan tanto a minorías como a pobos indíxenas alén dos temas puramente lingüísticos e culturais”.

“Como parte da celebración da riqueza e beleza do tecido lingüístico mundial, é imprescindíbel apartármonos da ideoloxía de que as sociedades e Estados deben ter só unha lingua e excluíren todas as demais, cando isto entra en conflito cos dereitos lingüíticos das minorías e dos pobos indíxenas”, afirma o relator, “o Día Internacional da Lingua Materna é unha oportunidade para promover e celebrar a diversidade lingüística e cultural e para recoñecer e protexer os dereitos humanos das minorías e pobos indíxenas en relación coas linguas”.

FONTE: SERMOS GALIZA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s