A derradeira lección do mestre

O alumnado de 2º Bacharelato pintou a súa derradeira lección do mestre. Este venres 19 de outubro, presentárono á comunidade educativa. Con el queren honrar a todos os mestres e mestras vítimas do franquismo, así como homenaxear o autor do cadro orixinal, Castelao.

Advertisements

Forever in Galicia

‘Sempre en Galiza’, a obra de Castelao que máis simboliza a cultura e a idea identitaria de Galicia como país, xa conta cunha versión en inglés. ‘Forever in Galicia’ é un proxecto de Craig Patterson, un tradutor nado en Gloucester, en Inglaterra, que leva anos traballando nesta iniciativa. En palabras do tradutor, ” ‘Forever in Galicia’ contribúe a unha versión alternativa da historia ibérica dende un punto de vista non centralista”.

A obra ven de ser presentada no concello de Rianxo e o alumnado do Félix Muriel estivo alí…

Independizarse

Maremagnum

comedores Os comedores de patacas, Vincent Van Gogh

Independizarse nunca foi tan divertido. A priori, marchar de casa pode costar, o feito de vivir soas, con toda a responsabilidade que iso conleva, pode dar moito medo. Porén, eu penso que é unha marabilla.

Atópome escribindo isto nun papel perdido polo meu cuarto porque o meu ordenador quedou no piso. Que típico! Xa non sei nin onde teño a cabeza. Curiosamente todo o que necesito sempre está onde non estou eu. Pero este “problema” non deixa de ser unha vantaxe, así podo empezar de cero os textos para escribilos doutro xeito ou coñecer mellor aos meus compañeiros de clase ao pedirlles os apuntes esquecidos. Ademais das cousas de traballo, teño que reinventarme cada fin de semana vestindo prendas que daba por perdidas, pois toda a miña roupa está noutro armario a varios kilómetros da miña situación actual. Oxalá tivera o armario…

View original post 307 palabras máis