Xogando ás agachadas

Maremagnum

mascaras As máscaras, René Magritte

Sempre me gustou xogar ás agachadas. Poder esconderme nun lugar para non ser vista polo que apanda. No fondo é un xogo de moita estratexia. Fai falta calma e reflexión para chegar a ese sitio imposible de atopar, ese lugar lonxe da vista, lonxe do mundo. Unha vez que se está nel, todo parece diferente. E comeza esa sensación de poder ver sen ser vista. Esa maxia de, por un efémero instante, ser invisíble, de non pertencer á realidade que os demais ven e viven.

Hoxe en día non fai falta xogar ás agachadas para sentirse invisible. Agora, o mellor lugar para se esconder do mundo é esa rede que nos une a todos pero que, á vez, nos volve máis solitarios: Internet. En Internet todo vale, porque ninguén ten cara, todos estamos escondidos nesa inmensa nube abstracta, agochados detrás dos usuarios visibles nas redes. Como…

View original post 202 palabras máis