Cinco horas nun tren

Maremagnum

turner tren 2

Algo pasa cos trens. Serán as vibracións. Será o ambiente. Será o son das rodas sobre a vía. Pero algo teñen. Viaxar en coche ou en avión non ten nada de especial, é demasiado común, unha estrada recta ou dúas horas de voo ao lado dun neno que chora. Sestas longas, cacahuetes, asentos incómodos e moito, moito aburrimento.

Pero os trens son diferentes. Nun tren o tempo pasa doutro xeito. Os minutos conxélanse nun clima de antigüidade, case de película. É como vivir nunha novela negra do século pasado, inundada de misterio e suspense. Cada pasaxeiro é sospeitoso dun crime inventado, e semella como se calquera deles se fose a achegar para intercambiar algún que outro asasinato. Tratos, apostas e whiskey dobre no vaso, fume de pipa e neve tras a ventá. Ninguén se decata de que todos os pasaxeiros do tren son os asasinos dun tempo que non avanza…

View original post 124 palabras máis