O galego mal falado

Maremagnum

castelao

Ola, son Mar e falo galego normativo.

Durante toda a miña existencia, persoas totalmente diversas, algunhas sen ningunha importancia na miña vida, outras máis esenciais que a propia respiración, identificáronme pola miña forma de falar. Sexa para ben ou para mal, o feito de que fale con total normalidade o galego normativo parece que crea certa confunsión na xente. Esta confusión desemboca nas preguntas do tipo: e ti es galeguista, ou? Galiza ceibe! E ademais de nacionalista tamén es independentista? Lanzo dende aquí unha breve resposta a todas esas cuestións que se me fixeron en relación ao tema: FALO COMO ME PETA, COMO QUERO E DÁME A GANA. Un saúdo.

Ben é sabido que a nosa lingua, sexa falada da forma que sexa, sempre foi ligada a unha serie de prexuízos que non só parecen definir a propia lingua, senón máis ben os seus falantes. Deste xeito, segundo a sociedade…

View original post 510 palabras máis