O pilla-pilla e Instagram

Maremagnum

miró3

Agora que chega o bo tempo gústame saír ao balcón e ver como vai pasando o día, como o sol gosta de estar no ceo, iluminando as margaridas que cubren a herba do parque, ou como berran os nenos xogando ás agachadas… un momento! Alto, alto! Que nenos?

Plena primavera de 2018, concretamente maio, unha tarde coma calquera outra, o parque baleiro e silencio. Que está pasando? Si, amigos, veño comunicar que a infancia morreu. Hoxe en día, non é novidade que os nenos prefiran quedar na casa vendo a tele que saír xogar á rúa. Evidentemente, hai non moitos anos, isto era impensable. De feito, a miña infancia pódese resumir en tres sinxelas frases:

– A ver, a que xogamos? Escondite ou pilla-pilla?

– Papá baixo xogar, berra polo balcón cando estea a cea!

– Tías, compráronme un patinete novo chupiguai, témolo que probar xa!

A urbanización enteira sabía…

View original post 464 palabras máis