O banco Santander e Ministerio de Xustiza negan a posibilidade de pagar de multas en galego

O último caso coñecido a través do servizo Liña do Galego aconteceu nunha sucursal de Ferrol o pasado 1 de decembro cando un cidadán quixo aboar o pagamento dunha sanción na conta do xulgado e solicitou expresamente poder asinar o resgardo da operación en lingua galega. A entidade bancaria negoulle esta posibilidade dicíndolle que só podía facerse en español.

PARA SABER MÁIS: A MESA