O reino de Galiza no atlas de Al-Idrisi

Considerado entre o século XII e XIV como o máis preciso do mundo coñecido, o mapa elaborado polo máis importante xeógrafo do século XII, Abu AbdAllah Muhammad Al-Idrisi, recolle o Reino de Galiza. O ceutí mantén Galiza –espazo ocupado polo espazo cristián no territorio peninsular– e España –territorios do ámbito musulmán– como realidades diferentes.

Actualmente hai arredor de 10 copias do mesmo, sendo as máis importantes a depositada na BodleianLibrary de Oxford, a copia de Oxford datada no Cairo en 1456, e a custodiada na BibliothèqueNational de Paris, realizada á volta do 1300 e que conserva 68 follas en cor, das 70 que conformaba o orixinal.

O autor da obra, Abu AbdAllah Muhammadal-Idrisi, coñecido como Al-Idrisi, foi o máis importante xeógrafo do século XII. Nado en Ceuta arredor de 1100,  formouse en Córdoba, viaxou por Europa, África e Asia, sendo contratado á volta de 1140 polo rei normando de Sicilia Roxerio II para elaborar o seu coñecido atlas. Dedicou os últimos 18 anos da súa vida a realizar este traballo, tamén coñecido como Táboa Roxeriana por tratarse dun encargo do rei Roxerio II. Defendeu a esfericidade da terra sinalando que “a terra é redonda como unha esfera, e as augas adhírense a ela”, significando moito antes que Galileo ou Copérnico que “as criaturas son estábeis na superficie da terra; esta atrae o que é pesado, mentres que o lixeiro é atraído polo aires”.

ARTIGO DO SERMOS GALIZA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.