Denuncian que un servizo municipal da Coruña nega atención e documentación en galego

A Mesa rexistrou unha queixa contra a Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) que xestiona os procedementos administrativos sancionadores de infraccións de tráfico do Concello da Coruña. O motivo da queixa foi a negativa da empresa a facilitarlle a atención e documentación en galego dun expediente a un cidadán que llo solicitou expresamente.

FONTE: GALICIA CONFIDENCIAL

Advertisements