Convocan unha manifestación contra a oficialidade do bable …E xa van sete

Desde que fora creada a Academia de la Lengua Asturiana, en 1980, o debate sobre a oficialidade do bable é un tema recorrente, que propicia continuos “rifirrafes” entre os distintos Grupos políticos da rexión, a favor e en contra pola identidade dunha lingua propia.

Segundo a terceira enquisa sociolingüística da academia da Lingua Asturiana, presentada este verán, o 53% dos asturianos apoia a demanda da oficialidade. Non obstante, Izquierda Unida, promotores do debate político, rexeitan convocar un referéndum ao respecto mentras que os colectivos en contra da oficialidade invitan aos grupos defensores a que expliquen os custos da súa aprobación e as consecuencias da súa aplicación, sobre todo na administración.

Todo isto levou a que o enfrontamento lingüístico se agravase estes días entre as distintas formacións políticas do Principado, impulsado polo “process catalán”. O Partido Popular presentou, para a súa votación, unha resolución en contra da cooficialidade. E. para a súa sorpresa, a proposta no saiu adiante.

Algúns dos contrarios á oficialidade do bable botan man do pensamento dun dos grandes académicos da lingua española, asturiano de orixe, Emilio Alarcos Llorach: “La lengua va por donde inconscientemente quieren sus hablantes”. Por iso recomendou non preocuparse polo futuro da lingua e vía innecesario o apoio oficial para divulgala, ao considerar que “la lengua, como la vida, si ha de tener suerte se abre paso por sí sola”. A última petición de Alarcos, neste discurso tan aplaudido, pronunciado o día en que cumpría 76 anos e véspera do Día do Libro, era:  “Señores, no me hagan propaganda de la lengua; déjenme la lengua en paz”.

Habería que preguntarse entón para que foi creado o Instituto Cervantes e por que o seu orzamento é de máis de 120 millóns de euros. E, en consecuencia, habería que preguntarse por que, pola contra, o plan de fomento da lingua galega só dispuxo de 6’76 millóns en 2016.

FONTES:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.