As palabras galegas para a chuvia

Existe a crenza de que os esquimós inuit teñen centos de palabras distintas para designar a neve. Pero é falso. A falacia foi propalada polo antropólogo estadounidense Franz Boas en 1911. En realidade, as linguas inuit son polisintéticas, co que crean longas palabras que funcionan como frases completas. E por iso só teñen dúas raíces léxicas ou ‘palabras’ para a neve: ‘ganik‘, para os copos no aire; e ‘aput‘, para a que se acumula no chan. Que logo, cando se escoitan, parezan longas palabras só responde a que lle suman afijos que en galego serían adxectivos ou preposicións como ‘branca neve’, ‘neve a derreter’ ou ‘neve en po’.

Así que non é certa a lenda dos esquimós e a palabra neve. Pero si é verdade que os galegos teñen máis de cen palabras para designar a chuvia, das que 61 a denominan directamente. As razóns resultan bastante obvias.

PARA SEGUIR LENDO: GCIENCIA

Para chuvia feble: Babuña, Babuxa, Barbaña, Barbuza, Barrallo, Barrufa, Barruñeira, Barruzo, Borralla, Breca, Chuvisca, Chuviscada, Chuviñada, Froallo, Lapiñeira, Marmaña, Orballo, Parruma, Parrumada, Patiñeira, Patumeira, Poalla, Poallada, Poalleira, Poallo, Zarzallo…

Para chuvia forte: Arroiada, Ballón, Basto, Bátega, Bategada, Cebra, Cebrina, Chaparrada, Chuvascada, Chuvasco, Chuvieira, Cifra, Ciobra, Dioivo, Treixada, Xistra, Zarracina…

Cando hai raios e tronos: Treboada, Torboada, Torbón, Trebón…

Se vén con neve e xeo: Auganeve, Cebrina, Cebrisca, Escarabana, Nevada, Nevarada, Nevareira, Nevarío, Nevisca, Nevarisca, Pedrazo, Salabreada, Sarabiada, Torba…

Cando remata de chover: Amizar, Delampar, Escambrar, Escampar, Estear, Estiñar, Estrelampar…

E cando hai condensación de auga: Borraxeira, Borraxoia, Brétema, Cegoña, Fuscallo, Néboa, Neboeiro, Nebra, Zarrazina…

 

Advertisements

Por que o éuscaro aumenta en falantes e cae o galego?

Txerra Rodríguez, sociológo vasco, destaca a experiencia de 30 anos de normalización en Álava. Di que a situación que se vive en Galicia é a inversa da que existe en calquera dos territorios de Euskal Herria, onde os mozos menores de 18 anos son os principais falantes do idioma autóctono.

Respecto a Galicia:“A tendencia cara o futuro non semella moi positiva”

Con respecto ao caso galego, o sociolingüista vasco considera que nestes intres a situación que se vive en Galicia é a inversa da que se vive en calquera dos territorios de Euskal Herria, onde os menores de 18 anos son os principais falantes do éuscaro. “O uso e o coñecemento do galego é moito máis amplo que alí, pero non sei ata cando se vai poder manter, xa que todo isto non deixa de ser un proceso social de xeracións”, recalcou Rodríguez, ao tempo que incidiu na idea de que alí se vive unha época de revitalización, mentres que en Galicia a situación é de retroceso, “pero, aínda así, penso que a situación galega segue sendo moito mellor ca vasca, se ben, a tendencia cara o futuro non semella moi positiva”.

PARA LER O ARTIGO COMPLETO: GALICIA CONFIDENCIAL