A película galega Dhogs gañou o premio á mellor longametraxe no Festival de Cine de Split

https://vimeo.com/91641356

O filme, rodado en galego, é a ópera prima de Andrés Goteira –Meira (Lugo)–, que corre a cargo tanto da súa dirección como do seu guión e conta na súa repartición cun gran elenco de figuras do audiovisual de Galicia como Antonio Durán ‘Morris’, Melania Cruz, Iván Marcos, Carlos Blanco e Miguel de Lira, entre outros.

Dhogs é unha coprodución de Gaitafilms e PixelFilms e foi filmada en varias localidades de Galicia como A Coruña, Viveiro (Lugo) e As Pontes (A Coruña), así como no deserto de Tabernas (Almería).

A longametraxe conta a historia de varios personaxes peculiares (un taxista, unha bela muller ou un exmilitar) que ven entrecruzadas as súas vidas.

Dhogs, estreada a finais de abril no Festival Internacional de Cinema Independente de Buenos Aires, converteuse este verán na primeira película en lingua galega en participar na sección oficial do Festival de Cinema de Sitges.
O PROXECTO: AQUÍ