7 opiniones sobre “Decembro en galego!

  1. É unha boa viñeta, gústame.
    Está ben que os pais eduquen a súa filla na lingua propia de cada un, non ten que ver que esten en Galicia con non poder empregar a súa lingua nata.

    Gústame

  2. Esta viñeta mostra a pouca importancia que lle damos ao noso idioma, xa que o home non o considera nin unha lingua… el tamén lle podería ensinar dúas linguas aos seus fillos!
    Ademais gústame o que pretende representar xa que o fai de maneira cómica.

    Gústame

  3. O bilinguismo sempre foi considerado unha das maiores virtudes do home, ao ser capaz de comunicarse en dous idiomas; e sen embargo, unha persoa galego e castelá-falante sempre será vista como un inculto polo uso da lingua galega. Qué prexuízo teñen de paletos, se falar os dous idiomas danos máis oportunidades na vida?

    Gústame

  4. Encántanme as viñetas de Luis Davila, sempre teñen ese toque de humor pero tamén fan reflexionar sobre o uso da lingua galega, como este caso, sobre o desprezo que ás veces facemos sobre a nosa propia lingua.
    P.D: agardando polas viñetas do de calendario de 2018, xa falta menos!

    Gústame

Deixa unha resposta a Camilo Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.