O multiculturalismo, ferramenta para promover o galego nos centros de ensino

Foi presentado en Santiago o programa de dinamización lingüística O galego é un mundo: multiculturalismo e diversidade lingüística. Para formar docentes de equipos de dinamización lingüística de centros de ensino. Nesta ocasión ten como novidade a presenza de Anik Nandi, un sociolingüista bengalí, bo coñecedor da situación da nosa comunidade e do noso idioma, que vai difundir experiencias que se realizan na India e que poden valer para aquí como novas liñas de traballo.

 Unha boa medida de apreciar para pór en valor o galego é saber que non estamos sos, que outras linguas como a nosa están na mesma situación, outras peor, e outras tamén mellor. O importante é que as novas xeracións saiban apreciar o valor da diversidade idiomática, á que Galicia contribúe co seu idioma propio.

¿Que nos aporta o bengalí? Que a súa lingua está considerada minoritaria cando ten decenas de millóns de falantes. Na India é unha lingua como en España o galego. Coa diferenza de que ten tantos millóns de falantes como moitas consideradas maioritarias en Europa.

FONTE: LA VOZ DEGALICIA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.