Coca-Cola pon o galego na súa imaxe corporativa

O conselleiro de Cultura, Educaci—n e Ordenaci—n Universitaria, Rom‡n Rodr’guez, e o director da çrea Norte de Coca-Cola Iberian partners, Carlos Aguirregomezcorta, presentar‡n a nova frota de veh’culos de Coca-Cola rotulados en galego.Coca-Coca Iberian Partners vén de incorporar o galego á súa frota de coches comerciais, por medio da rotulación na lingua propia de Galicia de 30 dos seus vehículos, o que supón o 75 % dos que circulan polas cidades e vilas da nosa comunidade un total de 255 días ao ano para servir máis de tres millóns de caixas de produto e atender unha clientela que suma 13 000 establecementos.

A nova frota de vehículos rotulada en galego súmase a outras accións de especial compromiso coa comunidade galega postas en marcha por Coca-Cola en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, como o ‘Concurso Novos Talentos. Premio de Relato Curto’, que chega este ano á súa oitava edición cunha destacada participación escolar.

PARA SABER MÁIS, PREME AQUÍ: EL CORREO GALLEGO

Advertisements

Música silenciada

O papel da muller na música ao longo da historia foi un tema descoñecido dende sempre: nos libros de texto raro é que apareza unha!

Arrastramos unha gran falta de interese pola obra de moitas compositoras de diferentes épocas da historia, que se enfrontaron á sociedade das súas épocas para desenvolveren o seu talento musical.

Elas deixaron un legado importante para as novas xeracións, no terreo musical e na igualdade profesional, loitando arreo polos seus dereitos, achandando o difícil camiño cara a unha sociedade máis xusta.

 Con esta presentación abre o compañeiro e amigo, Nacho Portela, profe de Música en Trazo, a páxina web que ven de crear para recoller a música silenciada. A páxina nútrese coas infografías que realizaron @s seus alumn@s arredor desas mulleres compositoras borradas dunha Historia Musical contada por homes.

Galego en Ottawa

Aproveitando o intercambio con Canadá o alumnado do IES Campo de San Alberto de Noia fai entrega dunha serie de títulos para conformar unha sección de Literatura Galega na Biblioteca do instituto canadense Nepean High School de Ottawa.