Ano das Artes para Castelao

membros academia artesOs membros da Real Academia Galega de Belas Artes, co seu presidente, Manuel Quintana Martelo, á cabeza, estiveron en Rianxo para homenaxear a Castelao. Na vila natal do noso máis grande debuxante, os académicos felicitaron ao alumnado de Bacharelato do IES Félix Muriel polo seu labor artístico pintando as paredes do instituto coas estampas do Album Nós.

Grazas, académicos!

Parabéns, alumnoas!

Advertisements

Que se vexa! O galego

Por segundo ano consecutivo a CTNL propón de novo Que se vexa o galego!, porque…

Queremos unha lingua viva, útil, moderna, atractiva, visible. Queremos un idioma para tod@s. E queremos que se vexa! E a celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma.

Por iso, desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) propómoslles a todas as entidades que os programas, imaxe, actividades, discursos, etc., que se fagan arredor do Día das Letras Galegas teñan isto en conta, e sirvan tamén para transmitir esa imaxe de lingua viva, útil, moderna e atractiva para tod@s e en todos os ámbitos e situacións sociais. Deste xeito, propomos de novo o lema QUE SE VEXA! O GALEGO e un sinxelo logo e ofrecémolos de xeito libre para que os utilice calquera persoa ou entidade.

Ademais, gustaríanos coñecer e poder difundir todas esas actividades que se fan para darlle protagonismo ao idioma e para destacar que é unha lingua viva e rica válida para todos os ámbitos e situacións. Queremos coñecer e espallar propostas para Que se vexa! O galego

[Podes enviar información sobre actividades para Que se vexa! O galego a info@ctnl.gal]

FONTE DE INFORMACIÓN: CTNL

Primavera das Letras

A Real Academia Galega acaba de poñer en marcha Primavera das Letras, un proxecto co que pretende axudar o profesorado no importante labor que desenvolve arredor do Día das Letras Galegas. A cerna desta iniciativa é unha páxina web, academia.gal/primaveradasletras, desde a que se fornecerá os centros de ensino de distintos recursos didácticos, dirixidos sobre todo ao alumnado de infantil e primaria, aínda que tamén haberá actividades e outros contidos útiles para traballar co alumnado de secundaria.

A traxectoria de Manuel María, o escritor que será homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2016, e o seu universo literario son os protagonistas de boa parte das fichas didácticas coas que bota andar este proxecto, nas que tamén se introduce o alumnado na historia do Día das Letras Galegas.

Un dos obxectivos de Primavera das Letras é promover que a aprendizaxe arredor do Día das Letras Galegas non se limite aos días previos ao 17 de maio.

Para saber máis:  academia.gal

Galeguízate, a iniciativa do alumnado de 2ºBacharelato do IES Felix Muriel non para de medrar

Baixo o lema GALEGUÍZATE! Limpando o galego de interferencias lingüísticas, por amor á lingua! Adeus ós castelanismos! os alumnos e alumnas de Rianxo non deixan de crear novas entradas no seu blogue, a pesar das datas nas que nos atopamos, que para eles e elas son as máis duras da súa vida académica no centro, pois dan comezo á recta final que os levará de cabeza ás Probas de Acceso á Universidade.

O seu labor céntrase en escoller palabras comúns que habitualmente usamos coa forma castelanizada e indicarnos cal é a forma correcta en galego. É a súa maneira de respectar e amar a nosa lingua.

Se queres saber máis, preme AQUÍ

Viaxe a Monfragüe 2015

Este sábado volveremos marchar de viaxe. Emprenderemos camiño cara a Monfragüe, como fixemos hai un ano; pero @s compañeir@s de viaxe seremos outr@s. Repetiremos a rota, pero a viaxe será distinta, porque nós somos outr@s. Como o río, fluíndo sempre idéntico, mais coas augas sempre distintas. Como o tempo, que todo o muda por non facer mudanza do seu costume.

Levaremos, na memoria da retina, as imaxes que xa foron para que o rabo do noso ollo turre delas cando liquidamente tiremos do pasado para o presente.