Só dúas bandas galegas superan os 100.000 seguidores en redes sociais

Só os ourensáns Los Suaves superan a barreira de 100.000 seguidores. Detrás del están outros artistas consolidados, como Iván Ferreiro (case 88.000) e dúas referencias xa clásicas do folc: Carlos Núñez (+61.000) e Luar na Lubre (+50.000). Por detrás está o coruñés Xoel López (+38.000), a gaiteira Cristina Pato (case 22.000), que residen en Nova York, ou a banda coruñesa tributo a Dire Straits Brothers in Band (case 20.000).

A continuación xa aparecen nomes da canción en galego, como SES (+16.000) ou Dakidarría (+14.000), xunto con Novedades Carmiña (+12.700), Heredeiros da Crus (case 12.500) e Woyza (12.455). Non incluímos Berrogüetto, por ser unha banda desaparecida, pero que aínda vive no Facebook con máis de 17.000 seguidores.

Nos números dos grupos en galego nótase que seguen á marxe das radiofórmulas, con escasos apoios mesmo nos medios do país e dificultades para saír ao exterior. SES é un dos poucos exemplos nos que existe o fenómeno ‘fan’ na cultura galega e mantén unha intensa actividade en redes sociais para conectar co seu público. Ela sería a primeira nesta listaxe, seguida de Dakidarría e os barbanceses Heredeiros da Crus. Logo estarían os coruñeses que fan fusión Chotokoeu (+9.500), Terbutalina (+6.000), Xabier Díaz (+5.600) ou o grupo vocal De Vacas, con máis de 5.000 seguidores en menos dun ano de traxectoria.

FONTE DE INFORMACIÓN: SERMOS GALIZA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.