8 de marzo. Día da muller traballadora

LEANDRO LAMAS, MatruskasO Día Internacional da Muller recoñece ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían liberdade, igualdade e fraternidade marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.

En 1857, morreron queimadas nun incendio, nunha fábrica textil de Nova York, 192 mulleres que facían folga para reclamar unha xornada laboral de 10 horas. Desde entón o Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, é conmemorado cada 8 de marzo, nun primeiro momento para reclamar o sufraxio feminino e dereitos laborais para as traballadoras, posteriormente para loitar contra a guerra e, hoxe en día, é recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Hoxe as reivindicacións non cesan: o mundo avanza pero non para as mulleres: ablación do clítoris, desigualdade laboral, desemprego, malos tratos por parte dos seus compañeiros…

A ONU

Baixo o lema «POR UN PLANETA 50-50 EN 2030: DEAMOS O PASO PARA A IGUALDADE DE XÉNERO», o secretario xeral, Ban Ki-moo, neste 8 de marzo de 2014, sostén:

Adiquemos un financiamento sólido, un valente labor de promoción e unha férrea vontade política para acadar a igualdade de xénero en todo o mundo. Non hai ningún outro maior investimento no noso futuro común.

O 8 de marzo a ONU reflexionará sobre cómo acelerar a Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible. Tamén se centrará nos novos compromisos dos gobernos baixjo a iniciativa «Deamos o paso pola igualdade de xénero» .

Algúns dos obxectivos clave da Axenda 2030:

  • Coidar de que todas as nenas e  nenos acaben os ciclos de ensino primario e secundarioa; ensino que será gratuito, equitativo e de calidade
  • Coidar de que todas as nenas e  nenos teñan acceso a servizos de atención na primeira infancia
  • Poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e as nenas en todo o mundo
  • Eliminar todas as formas de violencia contra todas as mulleres e as nenas nos ámbitos público e privado, incluídas a trata e a explotación sexual
  • Eliminar todas as prácticas nocivas, como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación xenital femenina.

A Marcha Mundial das Mulleres

En 1995 a Federación de mulleres do Quebec organizou unha primeira Marcha das mulleres na que participaron 850 mulleres que marcharon durante 10 días para reivindicar  a xustiza económica. Na meta final foron acollidas por 1500 persoas. Despois deste éxito xurdiu a idea de realizar unha Marcha Mundial das Mulleres no ano 2000. O 8 de Marzo do 2000 formalizouse o lanzamento da primeira Acción internacional en Xenebra, que culminou no palacio das Nacións Unidas en Nova York. En consecuencia, a Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra las mulleres. Dende entón miles de mulleres mobilizáronse a través de accións internacionais, nacionais e rexionais,  en torno á loita pola xustiza económica, o cambio político e social e os dereitos reprodutivos das mulleres, incluíndo a despenalización do aborto.

A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza reclama:

Respéctame
 as miñas diferenzas, os meus desexos, a miña sexualidade, a miña historia, a miña capacidade de decidir, de pensar, de traballar, de gozar; de decidir sobre a miña vida , a miña sexualidade, as miñas amizades, os meus estudos, o meu traballo; sen imposicións, sen malos tratos, sen discriminacións, sen violencia, sen estereotipos, sen sexismo, sen machismo,…

PARA SABER MÁIS:

RECURSOS:

LEANDRO LAMAS. Mulleres abrazadas.

ACTIVIDADES:

Advertisements

16 opiniones sobre “8 de marzo. Día da muller traballadora

  1. Grazas, Lu!
    Non coñecía ese vídeo do soño imposible…
    O noso deber é crer sempre no imposible; entón estaremos a facer a verdadeira revolución. Porque non hai mellor maneira de predicir o futuro que crealo.

    Gústame

  2. Na miña opinión, as mulleres merecen igualdade e os mesmos dereitos ca os homes, e o Día Internacional da Muller Traballadora é unha forma de reclamar eses dereitos. Houbo inmensidade de mulleres extraordinarias ao longo da Historia que non son recoñecidas porque as mulleres eran consideradas inferiores aos homes. Hoxe en día as mulleres son recoñecidas como iguais aos homes aínda que segue habendo casos de discriminación, violencia de xénero, machismo,…

    Gústame

  3. Boas! Pois antes de nada comentar que me parece un tema moi importante a debater, xa que a única reacción ( dos homes ) hacia este día é : e por que nós non temos un día?
    Simple a resposta, porque vós durante toda a historia case fixéstedes o que queríades mentres nós vivíamos amargadas e despreciadas. O traballo que realicei sobre isto foi bastante instrutivo, xa que a min realmente me enfurecía non ser capaz de saber nin sequera a data de nacemento dalgunha muller, foi un traballo bastante longo e difícil pola falta de información e tamén a hora de expoñelo, un tema sobre o que, despois de 5 anos de educación secundaria, non tiña nin idea.

    Gústame

  4. Eu opino que as mulleres deberían ter os mesmos dereitos cos homes xa que se consideran menos que os homes , cada 8 de marzo celébrase o Día internacional das mulleres traballadoras para reclamar todos os dereitos que deben ter as mulleres. Hoxe en día están consideradas igual cos homes aínda que seguen sendo discriminadas e maltratadas…

    Gústame

  5. As mulleres ao longo da historia sufriron moita descriminación, polo que loitaron durante séculos para cambiar esa situación, dende a folga sexual das mulleres na Antiga Grecia. Na miña opinión as mulleres lograron a igualdade de sexos grazas a unha loita que durou séculos, pero que mereceu a pena.

    Gústame

  6. A min este tema paréceme moi interesante, e non porque sexa muller, senón porque parece que na historia os únicos que fixeron algo importante foron os homes, cando non foi así. A muller sempre estivo minorizada e desvalorizada polos homes, por iso hai que loitar pola igualdade.
    O traballo que fixemos sobre este tema pareceume difícil, interesante , pero difícil, aínda que me gustou saber sobre o importantes que foran as mulleres dende a Idade Media ata agora e todo o que fixeron para loitar pola igualdade.

    Gústame

  7. Sempre estivemos minorizadas pola figura do home, puxéronos sempre por encima nosa, por iso hai tanta desigualdade contra nós, aínda seguimos discriminadas en certos temas.
    Pero na nosa historia da literatura, como aprendín no traballo, hai moitas mulleres e máis que haberá que non se sabe delas, pero aínda que sempre intentaron ocultalas por non ser homes, sempre conseguen saír á luz.
    Grazas a este traballo descubrín mulleres na historia que non coñecía, e cousas bastante importantes…

    Gústame

  8. Eu penso que as mulleres deberían ter os mesmos dereitos ca os homes xa que todas as personas somos iguais. E que non debería de haber un día para manifestar a igualdade entre homes e mulleres senón que todos os días terían que ser 8 de marzo.

    Gústame

  9. As mulleres desde fai moitos anos xa quedou claro de que non teñen os mesmos dereitos cos homes,por iso debemos celebrar todos os días 8 de marzo unha manifestación para reivindicar os dereitos das mulleres como cidadás.

    Gústame

  10. As mulleres, están dende a idade media ate hoxe, marxinadas de todo poder e decisión. Foron moitas as mulleres que tiveron que sufrir as condicións do machismo ao longo da Historia. Tamén temos constancia das contínuas torturas ás que eran sometidas pola súa condición de muller.
    Mesmo hoxe en día, despois de moitas loitas para conseguir a igualdade, seguimos a loitar. Parece que aínda non foi suficiente, a situación mellorou e xa non hai punto de comparación co que antes tiñan que soportar, pero a igualdade aínda non é plena.
    Na miña opinión, con este traballo aprendín que na historia as mulleres tamén foron importantes, non só os homes escribían e loitaban, senón que elas tamén e seguramente máis duramente xa que tiñan máis impedimentos. As mulleres sofren dende sempre a súa condición de muller, e hoxe en día seguimos loitando para que eses prexuízos se poida tirar con eles.

    Gústame

  11. Creo que as mulleres foron discriminadas ao longo da historia en todos os aspectos, nunca se respetaron os seus dereitos, por eso me parece moi ben que se celebre o día 8 de marzo para pedir a igualdade en todos os aspectos porque todos somos iguais.

    Gústame

  12. As mulleres sempre estivemos discriminadas xa que alegaban que só serviamos para coidar da casa e dos fillos sempre estiveron os homes por diante nosa,por iso se celebra o 8 de marzo, día Internacional da muller traballadora, para reivindicar os dereitos da muller, para conseguir que a muller sexa igual que o home.

    Gústame

  13. Está claro que as mulleres foron eliminadas da historia pero elas tamen fixeron cambios importantes, deixaron obras impresionantes e merecen ter recoñecemento. A pesar dos avances logrados, na sociedade actual aínda se está vivindo unha situación de discriminación en algúns aspectos, creo que debemos seguir loitando por conseguir total aigualdade cos homes, acabar co machismo e a violencia de xénero, ca desigualdade de salarios e neste momento sobre todo contra leis tan retrógradas como a do aborto.
    Penso que o meu traballo estaba bastante ben, faltáronme cousas por dicir pero intentei expresar ben os contidos dos que trataban o traballo e aprendín novas mulleres da historia.

    Gústame

  14. As mulleres nunca lle deron importancia nunca tiveron os mesmos dereitos ca os homes e hora de que empecen a igualarse e ter os mesmos dereitos en todos os aspectos

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s