Mensaxe nunha botella para a lingua galega

Hoxe é 21 de febreiro. É o día da lingua nai. Hai un ano celebramos no noso IES este día co hastag #RianxoFalaNaLinguaNai. Este ano queremos celebralo metendo mensaxes nunha botella pola lingua galega. Porque ante a realidade que nos rodea e a proxección de futuro que sinalan as estatísticas, @s galegofalantes sentímonos náufragos, abandonad@s nunha illa deserta, e precisamos, seguindo o exemplo de Manuel María, sementar de flores ese deserto.

Animámosvos a introducir a vosa mensaxe pola lingua nunha botella e pendurala na rede. Podedes facelo fisicamente, pendurando a vosa botella na rede do instituto ou virtualmente, tuiteando a vosa mensaxe e engadindo os hastags: #mensaxenunhabotellaparaalinguagalega, #21febreirodiadalinguanai e #enliesfelixmuriel

Esta é a miña…

aminhalinguaqueronatuaboca. IgorLugris

Advertisements