Irmán Daniel

Juan Pardo canta o poema que Cabanillas adicou a Castelao na súa morte.

Irmán Daniel!
Na praia de Rianxo
caían como bágoas as estrelas,
espallaban teus aies derradeiros
bruantes ventos das andinas serras,
e ondas galgantes, en cramor, chegadas
da pratense ribeira,
contaban no areeiro que te foras
da sereidade pola plan vereda…
o camiño que nunca se desanda,
o vieiro sin fin…

Na noite pecha
entréi pinal adiante, medoñento,
a ialma dun feitizo prisioneira.

Fungaban os ramallos un responso,
brilaba a frouma verdecente acesa,
en velorio de honra ó teu relembro.

Ergueitas cara ó ceo as ponlas, era
cada pino un cruceiro,
labra xenial da túa man maiestra,
e aquel forte e lanzal, que tempos idos
escoitou a túa prácida conversa
co sabidor e xurdio

Profundador de voces milagreiras,
inquiréu delorido, en desespero:
¿De qué morte morréu a nosa prenda?
Atravesóume o peito
un dór punxente e esguío de saieta
e díxenlle a verdade crú, tinguindo
cunha pinga de sangue cada verba:

Morreu do mul dos bós
e xenerosos !
Morréu de amor á Terra!

MÚSICA PARA CASTELAO

CASTELAO

Advertisements