Un disco de jazz para Castelao

A vocalista e violinista Alice Zawadzki e o pianista Dan Whieldon estréanse como dúo cun disco no que inclúen a canción ‘Lela’, do escritor galego, que tamén dá título a este traballo.

Canda o pianista británico Dan Whieldon, Alice Zawadzki interpreta cancións de ilustres como Wayne Shorter, John Coltrane e Nina Simone, Handel ou do propio escritor galego Castelao, entre outros.Trátase, como explica a propia artista polaca, residente en Londres, dunha homenaxe ás raíces musicais tanto dela como de Whieldon, nun disco no que impera o jazz pero tamén hai lugar para o lirismo clásico e música popular continental, e no que tamén ten unha importante presenza a clarinetista viguesa Rosa Campos Fernández, esposa de Whieldon, quen inspirou a este para incluír o tema de Castelao.

Lela é unha canción emblemática da música galega que formou parte da obra de teatro de Castelao Os vellos non deben namorarse. A súa letra é:

Están as nubes chorando

Por un amor que morreu
Están as ruas molladas
De tanto como chovéu

Lela, Lela
Lelina por quen eu morro
Quero mirarme
Nas meninas dos teus ollos

Non me deixes
E ten compasión de min
Sen ti non podo
Sen ti non podo vtvir

Dame alento das tuas palabras
Dame celme do teu corazón
Dame lume das tuas miradas
Dame vida co teu dulce amor

FONTE: GALICIA CONFIDENCIAL

Aquí vai a versión de Dulce Pontes e Carlos Núñez…

MÚSICA PARA CASTELAO

CASTELAO

Advertisements

Unha opinión sobre “Un disco de jazz para Castelao

  1. Recoméndovos que leades este comentario con esta impresionante canción a aqueles que queiran pasar un bo momento:
    Esta canción de ” Lela” é sin duda unha gran obra de arte nada máis poñer os cascos e escoitar a linda melodía que a través desa impresionante voz co talento e espectacular forza transmite, marcando e poetizando en honor a Castelao. Este é o tipo de arte que se debería ter en conta en moitas mentes de alguhas persoas, xa que é unha canción tan fermosa que merece ser escoitada por todos para que se den conta desa beleza inmensa que a melodíá ven acompañada coa voz e as grandiosas palabras que expresa manifestando o gran poderío que esta canción cantada en galego se mostra ante moitos oíntes. Presenta unhas imaxes vedadeiramente espectaculares que fai a unha persoa adentrarse no seu propio ser facéndoa sentir única e á vez sentindo unha sensación de extrañeza, pero con ese toque pracenteiro que invade a alma. Deberíamos apreciar máis estes pequenos detalles melodiosos que nos fan realmente grandioso, pois o máis importante e emocionante está neses momentos nos que o ser humano conecta coa auténtica melodía da pura fermosura, neste caso desta grande canción.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.