Non temo ser despedida porque estou orgullosa de denunciar o meu caso

Belén Tajes é a profesora de música á que o centro infantil coruñés de ensino non regrado Jungle World lle impide empregar o galego na actividades coas crianzas. Nesta conversa explícanos como se sente despois de dar o paso de denunciar publicamente o seu caso xunto á Mesa pola Normalización Lingüística e á CIG-Ensino.

Teme ser despedida?

Non, porque estou orgullosa do que acabo de facer. Son consciente de que vai ter consecuencias. Aínda así, non podía durmir sabendo que nun traballo que adoro, a música, non ía poder cantar en galego. Hoxe irei ao traballo co orgullo de poñer en coñecemento da xente unha situación tan vergoñenta.

Para saber máis: SERMOS GALIZA

Advertisements

Gonzalo Hermo gaña o Premio “Nacional” de Poesía xoven con ‘Celebración’

O xuri considera que o mellor poemario composto en calquer das linguas do Estado en 2014 é Celebración, un libro editado por Apiario.

O premio -outorgado polo Ministerio de Cultura- está dotado con 20.000 euros. Hermo (Rianxo, 1987) é un dos valores emerxentes e de maior calidade da poesía galega.

Celebración é o segundo poemario de Hermo após o aparecimento en 2011 de Crac (Barbantesa), embora o autor considera aquel realmente como o seu primeiro traballo. “Crac é un libro iniciático, que todos os poetas escriben mais non todos publican. Responde a unha época de formación literaria. Non me arrepinto de telo publicado porque me trouxo moitas cousas boas, mais agora vexo que a miña liña poética está en Celebración“, afirmaba nunha entrevista en Sermos Galiza asinada por Carme Vidal.

Na conversa, Hermo definía así a súa liña poética: “Tentei facer unha poesía que dialogase consigo mesmo, que atraese os lectores a entrar nun universo particular (…) o obxectivo foi crear un mundo literario propio que procura a complicidade do lector”.

FONTE: SERMOS GALIZA