Agosto esquece o galego

Menudo mes este de agosto para a lingua galega. Serven as redes sociais para visibilizar diferentes formas de maltratar a nosa cultura, e este mes levamos colleitado varios episodios sobre os que cómpre reflexionar.

Cousas que aconteceron tamén a nivel persoal, como esa visita dunha familiar de Castela, que se refire ao galego como que “parece un idioma de chiste”, pola súa obvia similitude co castelán, pero esquecendo que ambas linguas son irmás, non nai e filla.

En clave de país, puidemos ler a esperpéntica entrevista a Sés do Faro de Vigo, en castelán, facendo incidencia do seu cabreo sobre o tema da lingua. Un artigo que só pode ser culpa ou ben dun redactor cabreado co seu propio medio, ou ben por mor da cerrazón sen igual dun medio obsoleto.

De medios tamén vai ese despido de ‘El Correo Gallego’ a un traballador por un chío en Twitter apoiando unha causa lingüística. Un asunto moi complicado que nos axuda a recordar que a existencia de medios en galego é compromiso de todos, de toda a sociedade, non só dos medios que formamos a Asociación de Medios en Galego e que aportamos as nosas Vitaminas para o galego, para facelo útil, e polo tanto, noble.

Curiosa foi tamén a situación ca se atopou un usuario galegofalante no BlaBlaCar, e que tan ben recolleu Luís Davila… Unha situación que demostra o poder do medo mediático, esa sensación que provocan os medios “españolistas” sobre os falantes das outras 3 linguas históricas, coma que todos os que falamos en euskera, catalán o galego, somos tan ignorantes e irrespetuosos para non falarlle en castelán a unha persoa que non entende esas linguas. Será que pensan na situación entre un castelán-falante e un turista inglés?

Outra que atopamos estes días polos xornais ten que ver con decisións xudiciais, máis graves aínda. O feito de que un xuíz ditamine que se pode chegar a ”Perder a custodia por ir a Galicia o Cataluña”, utilizando os “supostos” problemas ca lingua para medrar dun xeito san, fan levantar todas as alarmas.

Quen está levando o debate lingüístico ao extremo?

ARTIGO ATOPADO EN: QUE PASA NA COSTA

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com.
Advertisements

41 opiniones sobre “Agosto esquece o galego

  1. Inma Silva, en La voz de Galicia, responde:
    ¿Dámoslle a volta ao conto?
    Xa llelo digo eu ás miñas fillas: moito tino cos que falan castelán; nada de subir a un coche cun deles, por Deus, non quero nin pensar o que vos podería facer. Así que cando usedes o Bla Bla Car, se quen conduce non se apea do castelán, sen mediar palabra, baixades. É mellor perder os cartos que correr perigo.

    Deberían prohibilo definitivamente e deixarse de tanta trangallada, que xa non podes nin cubrir un impreso sen que te mareen co anverso en castelán. Empezas por aí e mira despois o que pasa, que un langrán que só fala castelán decide queixarse no Twitter de que unha persoa de ben non quere ir con el nun coche, e ¡hala!, xa se armou, coma se fósemos todos uns racistas. Porque antes todo era mellor. Nas clases falábase o que se tiña que falar, sen ideoloxías, e punto. O castelán, na casiña, para os vellos e para falar das cousas da aldea. E non é que eu teña nada en contra, conste, que me parece unha lingua moi bonita, melodiosa, na que escribiron grandes poetas como Espronceda; está ben para o que está, para cantar Clavelitos nas festas e para os arrolos de berce, e por iso hai que protexelo. Pero de aí a falalo con descoñecidos ou ensinar as matemáticas e a física en castelán, ¡por Deus! Por iso na miña casa o castelán entra pouco; a edición de luxo do Quixote no andel, o Telediario de vez en cando, e, claro, a asistenta. Ela si que fala castelán, pobriña.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2015/08/30/damoslle-volta-ao-conto/0003_201508G30P12994.htm

    Gústame

  2. Dende o meu punto de vista todas e cada unha das anteriores noticias son un escandalo, pero na miña opinion o máis escandaloso é http://politica.elpais.com/politica/2015/08/22/actualidad/1440258457_295879.html. Pareceme alarmante que un xuíz poida dictaminar iso xa que, ó meu parecer, estar en contacto con outras linguas non seria un argumento en contra, senon que seria unha argumento a favor xa que enriqueceria culturalmente ó neno.

    Gústame

  3. Tras leer este texto, opino que me parece unha aberración que todos estes casos pasen no século XXI.
    Non entendo como a xente pode pensar iso sobre as persoas que nacen nun sitio onde hai duas linguas oficiais e teñen a sorte de falar ambas. A caso as persoas bilingües son inferiores as demais? Baixo o meu punto de vista, todo o contrario xa que esto facilítalle a aprender novas linguas e de este xeito enriquécense intelectualmente. O que mais forte me parece de todo isto, é que unha nai/pai perda a custodia do seu fill@, por ir a Galicia ou Cataluña xa que non por iso vai ter unha peor educación nin moito menos. Sinceramente cada vez estou máis convencida de que en vez de ir a mellor, vamos en dirección contraria.

    Gústame

  4. O anterior texto (cas noticias enlazadas) mostra como se discrimina a nosa lingua da sociedade e os enormes prexuízos aos que está imposta sendo supostamente unha lingua de burros e de malfalantes.
    A xente que ten estes prexuízos cre que o galego é unha lingua filla do castelán olvidando que o castelán e o galego son dúas linguas irmás que deberían ter o mesmo prestixio xa que as dúas serven para a comunicación e, en todo o caso, o galego serviría de maior cultura xa que é a lingua propia de Galiza e os galegosfalantes saben e deben coñecer tamén o castelán (bilingüísmo).
    Os galegos deberíamos de estar orgullosos de ter unha lingua coma a que temos ( propia do noso territorio) e de poder ir a calquera país e podernos entender con todo o mundo entre o español e o galego (que é moi parecido ao portugués), pero, o problema está aquí, xa que somos nós os que non nos sentimos orgullosos de noso por diferentes razóns e é iso o que debería cambiar.
    Personalmente, vou a seguir falando o galego sempre,sen que os prexuízos do resto me importen o máis mínimo e estando orgullosa do meu, do galego e da nosa cultura!

    Gústame

  5. Todos estos exemplos de maltrato á lingua galega que acabo de ler no texto anterior cada vez son máis frecuentes no noso país. Intentan discriminar a nosa lingua, por culpa dos permanentes prexuízos que seguen existindo na nosa sociedade, ao igual que a diglosia utilizada para destacar as distintas clases sociais. Sorprendeume moito a noicia de Sés, en especial o titular. Con esa entrevista, intentan aparentar que existe unha igualdade entre o galego e o castelán, pero fan todo o contrario ao escreber todas as respostas da artista en castelán. En conclusión, creo que estes, como xa dixen antes, son exemplos claros da decadencia que sofre cada vez máis o galego. Non só a nosa lingua é a vítima de todos estos ataques, todas as linguas cooficiais do noso país sofren isto, ou algo parecido. En Madrid, os galego somos uns paletos por falar a nosa propia lingua, somos nós os paletos sendo bilingües e eles os cultos sabendo só o castelán? Se a lingua e cultura, quen será máis culto?

    Gústame

  6. Podo entender(ainda que non estou de acordo) que a xente de fora de Galicia/Cataluña/País Vasco lle pareza unha falta de respeto que intentemos manter unha conversa con eles en galego/catalán/euskera, pero o que si que non me vexo capacitado a entender é que, hoxe en día, non lle deixen ter a custodia a o pai ou nai se este cambia o seu lugar de residencia a Galicia/Cataluña/País Vasco por razóns económicas soamente porque teñen un idioma propio, cando ambas linguas son cooficiais dese territorio, e, por encima de todo, que digan que non ten outra utilidade practica fora do territoria desa comunidade autónoma.

    Gústame

  7. Sinceramente, a min a situación actual do galego, pareceme ridícula, todos os prexuízos que existen sobre a nosa lingua son creados en Galiza polos galegos, cito a Ses:

    “A min fora de Galiza nadie me pregunta por que canto en galego. […] Ao final acabanme dicindo que o que mais lle gusta e o que digo, porque falo de determinadas realidades que todo o mundo sabe que son así.”

    E os prexuizos seguen cando a cantante galega lle din que non ten estudos cando nas oposicións, de mil persoas, foi a vixésima mellor nota.

    Pero claro, a sociedade chega ao punto de non deixarche entrar no coche, pagando a parte que che toca, por falar galego… Sen comentarios.

    En conclusión, o problema, non o ten a lingua galega, o problema teno a xente que ten un problema coa lingua.

    Gústame

  8. Eu sigo sin poder comprender por qué os medios de comunicación e, a misma xustiza intentan marxinar o galego en Galicia (e o euskera e mais o catalán nas suas correspondentes comunidades autonomas). Os prexuizos que atacaron a Sés de que os galegos somos uns incultos de pobo e uns burros de monte son completamente infudados, tamén as “marxinacións da xustiza” e decir que por que queiras ir vivir a cataluña, o País Vasco ou Galicia non che deixen porque as suas respectivas linguas cooficiais poidan “contaminar” a “riqueza léxica” do teu fillo que solo sabe falar castelán pareceme un completo insulto hacía a constitución poís non hai motivo algún de peso para impedir que vaian vivir a ditas comunidades autonomas. Pero xa sendo este feito bastante insultante o que mais me enferma son os escandalos dos medios de comunicación galegos, xa que nos seus orixes a sua función era a normalización da lingua galega e a día de hoxe despidan a os traballadores por querer defender a cooficialidade do galego frente ao castelán.

    En conclusión, a miña opinión basease en que parece ser que en vez de avanzar retrocedemos e chegara o momento en que no ámbito lingüístico volvamos a época dun xeneral cuxo nombe non quero decir, se queremos que esto cambie temos moito camiño que andar e moito que pelexar eso si o dia que o consigamos debemos recordar non volver a cometer o mesmo erro que no pasado (o día que o consigamos debemos saber parar para non terminar marxinando o castelán).

    Gústame

  9. Eu penso que isto vai ocorrer cada vez máis veces xa que o galego estase minorizando cada máis ata que chegue o punto de desaparecer por completo.O que non acabo de comprender e que a lingua influe no tema de custodia dos fillos/as, porqué unha persoa que leva toda a súa vida falando galego, como lle poden quitar a custodia dos seus fillos por falar esa lingua?

    Tamén como no caso do escritor, no alcanzo a comprender porque foi despedido por defender a liberdade de expresión , ou no caso da cantareira que por cantar na súa lingua a chamaron sen estudos, en fin cada vez impresionome máis coa marxinación do galego.

    Gústame

  10. Persoalmente, cada día desprázase máis o galego, as persoas xóvenes prefieren falar castelán por un motivo ou outro. Como se di en algún artigo anterior, por exemplo no que si un pai ou nai ven vivir a Galicia ou a Cataluña perdería a custodia do seu fillo/a. Non ten ningún sentido iso, ou tamén a persoa que foi despedida de “El Correo Gallego” por plubicar unha opinión en twitter. Si esto sigue así por desgraza a lingua de todos nos ao fin e ao cabo acabará desaparecendo.

    Gústame

  11. Iso de que “o galego é un idioma de chiste” é un insulto pra todos os que o falan porque é un idioma coma outro calquera e non por estar minorizado vai deixar de ser tan importante coma o castelán ou o ingés. E que o diretor do periódico ‘El Correo Gallego’ despedise a un empregado por “opinar e exercer o seu dereito á liberdade de expresión” é unha violación dos seus dereitos, e ademais, o nome do xornal ‘El Correo Gallego’ pareceme unha ofensa porque vai dicindo que é galego pero o único galego que ten é o lugar onde se sentan os empregados a escribir.

    Gústame

  12. O que máis me chamou a atención de todo isto é o feito de que a lingua sexa un factor influínte á hora de decidir quén se debe quedar ca custodia dos fillos. Cómo puidemos chegar a ese extremo? A lingua é aquilo que nos une, o que nos representa como grupo, algo que nos culturiza como persoas. En qué momento chegou a ser un tema tan “tabú”?
    Todo isto recordame ó suceso de fai uns anos no que a unha muller lle recomendaban suprimir do seu currículo o feito de que sabía falar galego (neste link: http://goo.gl/asTl1C).
    Pero qué ten de malo o galego? Como puido chegar a ser unha lingua tan maltratada?
    Todo isto está xerando que o resto da poboación pense igual ca o que ven nos medios de comunicación, que consideren que o galego é algo inferior, algo negativo; están copiando todos estes prexuízos!
    É algo que realmente me supera…

    Gústame

  13. O texto “agosto esquece o galego” relata varias situacións sucedidas en agosto, como o propio título do texto indica, nas que algunhas persoas sufren unha especie de acoso por falar o galego.
    No pasado mes de agosto xurdiron varias noticias de discriminación a persoas polo uso do galego, das cales a máis sorprendente para min e a última na que unha nai perde a custodia do seu fillo por mudarse a vivir a Cataluña polo simple feito de que o fillo teria que aprender unha lingua cooficial co castelán, e mais sorprendente ainda e outra nai que perde a custodia dos seus dous fillos por irse a vivir a Vigo onde se fala o galego coa alegación do xuiz de que teria que aprender a falar unha lingua que non serve de nada e soamente e válida en Galiza. Parece incrible que haxa persoas que teñen unha opinión asi. Todo o mundo coñece o dato de que coñecer varias linguas axuda a aprender outras linguas novas nun fúturo polo que considero que se alguen ten a posibilidade de aprender outro idioma, sobre todo como pode ser un español que ten moitas facilidades para falar o galego, deberia poder facelo e ter facilidades para iso en vez de como se fixo nestes casos usalo como argumento negativo.

    Gústame

  14. Polo que puiden ler neste artigo, a opinión da sociedade sobre o galego é cada vez máis negativa, chegando a despreciala. Moitos casos defenden o que estou dicindo. Xa o menciona Sés, “a única maneira para cambiar isto é unha revolución social e cultural”. Así mesmo, en moitos traballos xa obrigan a usar o castelán e, no caso que que se empregue o galego no traballo e acaben percatándose, poden chegar a despedir aos traballadores. Os comportamentos dos demais respecto ao uso dunha lingua ou outra, como pode ser a xa mencionada, situación do galegofalante no BlaBlaBla, dan lugar a que os resto de españois non aprecien a aquel que usen o idioma galego, catalán ou euskaro. Para finalizar, a polémica que hai sobre a perda da custodia por ir a unha comunidade cun idioma propio. Estes utilizan como argumento que o rapaz ou rapaza pode chegar a ter problemas debido a que hai dúas linguas en contacto, a pesar de que cando es pequeno, é a maior idade para aprender idiomas.

    Gústame

  15. A min persoalmente hai varias cousas que me parecen unha falta de respecto, como por exemplo que se lle anule a custodia dun fillo a unha persoa polo simple feito de vir vivir a nosa comunidade, creo que isto xa está sobrepasando os límites. Ninguén tería a dificultade de integrarse sen problema nos estudos, quitando a parte de que a maioría das asignaturas son en castelán.
    No caso de Sés, pareceme que é unha clara evidencia dos prexuizos que ten a nosa lingua a día de hoxe, como que pensen que non ten estudospolo simple feito de cantar en galego. Unha persoa galega pode ser tan estudada coma calquer outra persoa, o simple feito de falar galego non fai que sexa máis “ignorante” senon todo o contrario, é unha persoa que sabe dúas linguas, e isto ofrecelle moitas máis facilidades. Por outro lado pareceme moi ben que cante en galego sendo filóloga, porque é como se lle dera a ver ós galegos que a nosa lingua segue sendo importante, e que o di unha persoa que estudou linguas.
    En canto ao tema de BlaBlaCar quero dicir que o que el fixo non foi ningunha falta de respecto, el non sabía se era galega ou non, e a parte diso, ela ven a Galiza, onde hai falantes galegos como debe ser,e ela debería de estar exposta a todas as situacións que lle poden pasar. Debido a diglosia moitas veces e dificil saber se a persoa coa que estas falando e galega ou non, e canto máis en unha conversa por WhatsApp que non podes saber se ten acento ou non.

    Gústame

  16. Na miña opinión, o galego esta pasando por unha etapa cada vez mais complicada, ben polo influxo da sociedade ou ben polo pensamento de cada un. Reflexionando acerca da información anterior, a entrevista de Sés pareceme un pouco contradictoria, non sei si en verdade ela a fixo en castelán ou foron os do xornal que traduciron as súas palabras, pero o feito de defender o galego ante todo e despois falar en castelán, non me ten moito xeito. En verdade, todas as cousas que di son certas, e as súas letras defenden o uso do galego, pero non me parece normal que fixera a entrevista en castelán, e si a fixo en galego, pareceme unha falta de respeto por parte do xornal habela traducido.
    Por outra parte a noticia de BlaBlaCar pareceme un pouco subrealista, e como si fora noutro mundo paralero, xa que a quen se lle cabe na cabeza non compartir coche cunha persoa polo único motivo de ser galegofalante?
    A noticia do xuíz xa e a gota que colma o vaso. Vivir en Galiza perxudica aos rapazes españois? Claramente que non, aprender idiomas aumenta a capacidade intelectual dos rapaces e axuda a aprender máis idiomas con facilidades, quitar a custodia polo simple motivo de vivir nunha terra cunha lingua propia é de risa, non se pode discriminar así a poboación galega, nin a catalá nin ningunha outra de España, parece que en vez de progresar cara a aceptación das linguas cooficiais do castelán,a sociedade intenta que todos os españois sexamos monolingües e sin a identidade propia que nos da a lingua.

    Gústame

  17. Na miña opinion,o que esta sucedendo en galicia e que tras as reformas escolares que se estan a levar nestes ultimos anos, están aniquilando o galego dende a raiz, xa que estas reformas están deixando que o galego se imparta na asignatura como tal e as outras materias se estan tornando o castelan.
    Isto conleva que dentro duns anos o galego acabe por desaparecer, e isto imponse cada vez máis por culpa dos empresarios.

    Gústame

  18. Despois de ler este texto doume conta que pese a estaremos no ano 2015, rodeados de internet, de información que nos chega por todas partes, as persoas continuamos mantendo cerradas as nosas mentes, cheas de prexuizos e ideas infundadas que un día alguén nos meteu na cabeza e que non nos molestamos en autopreguntarnos se eran correctos.
    Este texto móstranos múltitude de exemplos coma o de BlaBlaCar, podemos pensar que esta reacción pode ser levada a cabo por unha persoa que carece de estudos, e pensa que o bilingüismo en Galiza no nos aporta nada, se non todo o contrario que por falar galego somos ”do monte”, incultos e paletos. Olvida que o galego e castelán son irmáns e non nai e filla como pensan moitas persoas.
    Pese a todo, éste caso é menos significativo que o seguinte: Decir que a unha nai se lle quita a custodía da filla porque esta vive en Cataluña e ao ser un idioma diferente, pódelle traer problemás á nena xa que esta é monolingüe é unha tolería!

    Gústame

  19. Unha vez máis, vemos a inxustiza para os que nos gusta usar a nosa lingua, vendo que aínda hai numerosas situacións nas que se a segue tomándo coma unha lingua inferior chegando incluso á discriminación (como non deixar subir a alguén que fala galego nun coche).
    Pareceme moi ben que se publiquen estes artigos para dar a coñecer todas estas situacións que na miña opinión son totalmente ridículas, improcedentes e incomprensivas nestes tempos nos que todos presumimos de tolerantes.

    Gústame

  20. Outra vez os castelanfalantes menosprezando o galego, tomándoso como un idioma de broma, ademais de discriminar a os galego falantes, tomanse o galego como unha lingua inferior.

    Pareceme moi ben que se faga denuncia de estas situacóns para que se sepa o que este tipo de persoas fai.

    Gústame

  21. Na miña opinión,isto que acabo de ler paréceme unha aberración para o galego xa que ésta é unha das tres linguas históricas que hai en España xunto co euskera e o catalán.

    O galego é cooficial co castelán nesta comunidade,e se a certas persoas lle resulta “un chiste” creo que debería de culturizarse porque detrás dunha lingua hai toda unha cultura e unha historia.

    Tamén engado a última noticia brutal de que o Concello de Ferrol queira que non se utilice o galego paréceme unha auténtica falta de respecto cara as persoas que si o falan e respectan tanto como eles respectan o castelán.

    Gústame

  22. A min,estas noticias parecenme totalmente incribles,na epoca na que vivimos,e con tanta xente que respeta o galego,como pode ser que ainda ocurran estos casos.A min o que me parece mais impresionante e o do Xuiz xa que esta usando o tema da lingüa para cambiar o seu xuizo o que me parece bastante subrealista nesta época.

    Gústame

  23. Iste texto recórdame a como si estivéramos no século XX sempre desprezando o galego e tratandoo coma un chiste, estamos no século XXI (en concreto, 2015) e isto ten que cambiar dende xa, pareceme moi ben que haxa xente que denuncia ista inxustiza.

    Gústame

  24. Paréceme mentira que aínda teñamos estos casos a día de hoxe. Por onde empezar? O galego, igual que as demáis linguas, non converten a nadie nunha persoa inculta.
    O máis chamativo de todo este tema é o principal argumento: “O galego fálano os paletos do pobo”. Creo que non podería estar máis en desacordo con isto.
    Todos os casos que se nos presentan no texto de arriba son un claro exemplo, pero parece ser que nadie se da conta da cultura que mostra aquel que sabe falar galego. Unha lingua, a que sexa, mostra coñecemento, e xa non so nun medio de expresión, tamén por unha cultura, axea ou non.

    Gústame

  25. Non se pode negar o feito de que, onde máis e onde menos, a lingua galega actualmente ten un posto, que, se admita ou non, inferior no ámbito psicolóxico dunha parte da poboación, que, pouco a pouco, vai crecendo. Son feitos como os que se comentan neste artigo os que sacan a relucir, diariamente e cada vez de forma máis abundante, a realidade desta discriminación. Chégase realmente a límites que rozan o absurdo.
    Agora ben, estou dacordo no feito de que unha persoa que non fale o galego pode querer, ao mellor, que lle falen nunha lingua que entende. Véxase, eu a un turista inglés non lle vou a falar en castelán, pero tampouco o vou a facer en francés, en klingon ou en austro- húngaro. Creo que o máis importante da comunicación, é o feito de poder comunicarse, e parece que hai xente que sobrepón ideais á realidade.

    Gústame

  26. Despois de leer este artigo doume de conta como en vez de avanzar e ir deixando os prexuízos contra o galego atrás ainda están presentes e cada vez en máis ámbitos dende o de Sés atá o de BlaBlaCar, e a parte destes exemplos estou segura de que haberá moitos máis pero menos soados, sen facer denuncia de feitos tan importantes de discriminación a nosa lingua.
    Cando ocorre o caso contrario os castelán falantes queixanse que estamos nun territorio bilingüe no cal deben respetar a elección do idioma empregado e contestarlle do mesmo xeito, pero esas mesmas persoas non caen en que por ese mesmo motivo deben respetar o galego e máis ainda cando é a lingua minorizada sendo a que nós da a nosa propia cultura.

    Gústame

  27. Sen dúbida algunha, un agosto terrible para o galego. Quitarlle a custodia a un pai ou a unha nai, polo simple xeito de falar unha lingua cooficial co castelán, resulta totalmente inverosímil. A quen llo conten… Que será o seguinte? Determinar a nosa intelixencia pola lingua que enmpregamos? Decidir se medramos sans atendendo ao noso idioma?
    Coido que non cheguemos a tal extremo, pois entón estaremos gafados de por vida, xa que unha mala noticia ven seguida doutra peor e a nosa sociedade actúa segundo o que ve. O desprezo do galego nos medios de comunicación orixina que a maior parte da sociedade vexa esta situación como algo normal na actualidade.

    Agora ben, a lingua desprezada ten que ser calquera cooficial co castelán, pois… como vamos a desprezar a nosa lingua nai? Seica estamos tolos? Nada de linguas irmáns, aquí nai e fillas.

    Cabe destacar tamén as demáis noticias pero esta última, a do xuíz, acabou de rematar o que parecía rematado. Se non se produce un cambio, o galego desaparecerá da faz do planeta.

    Pero… porqué a sociedade non permite un cambio? Porqué seguimos na mesma situación de sempre? Porqué nos restrinxen os nosos dereitos lingüísticos? Son infinitas as preguntas que se fai un mesmo sobre este tema pero parece ser que moitas delas seguen e seguirán sen ter solución nin reposta.

    Gústame

  28. Creo que no momento en que dis que unha lingua é un chiste, sexa cal sexa, tes un problema. Con isto non quero que ninguén se sinta ofendido, nin moito menos, pero é o que penso… Porque nomeala como ”chiste”, algo que causa gracia, paréceme unha falta de respecto e bastante grave, xa que é un idioma como outro calquera. A muller que dixo iso sobre o galego faino porque ten moita similitude co castelán. Será porque ambas veñen do latín? Só faltaría que pensase que o galego provén do castelán, iso para min sí que sería un chiste.
    Non me parece ben que nestes tempos que corren se siga discriminando á xente pola súa fala… Non me parece ben que traduzan ó castelán a Sés nin tampouco que despidan a alguén por apoiar unha causa lingüística, non sei onde quedou aí a liberdade de expresión… Qué triste. Qué triste tamén que unha persoa non queira compartir un coche (falando do do Bla Bla Car) polo simple feito de que o ocupante fale galego, nin que collera medo a que se lle pegara o idioma e ter que usalo despóis, sería desastroso! Tería cura?
    E por último… Non dou crédito de que se poida chegar a perder unha custodia, algo tan importante como iso, por vivir en Galiza ou en Cataluña. Non sei como alguén pode ver como un problema saber dúas linguas por igual, enriquecerte culturalmente. É malo ter soltura en diferentes idiomas? En que momento pode ser iso un problema? Paréceme incluso incríble, quizáis se non vise o enlace e tivera lido o contido non o creería, porque dende logo, a min non me ten sentido ningún.

    Gústame

  29. Parece vergonzoso o que está a ocurrir, unha lingua non pode ser desprestixiada e menos tratar aos seus falantes coma se foran ignorantes, que é o que lle pasa a lingua galega.
    O que ocorre é que a xente pensa que se falas galego non vas a ningún lado (cousa totalmente absurda). O que se di no texto mostra a realidade da lingua galega en pleno século XXI, despedir alguén por apoiar unha causa lingüistica? Traducir a Sés ao castelán? O asunto de BlaBlaCar? Son verdadeiras causas da discriminación que sente hoxe en día o galego, e isto non se pode permitir, porque cada quén ten o dereito de falar a lingua que quere e non ser descriminado por facelo.
    Chegouse a tal punto de que unha persoa considere a lingua galega como “lingua de chiste” só porque é parecido o castelán, obviamente xa que ambas proceden do latín…estes comentarios sobran porque o galego xa bastante ten para que unha persoa con tal frase mostre o desprestixio que ten!
    En pleno 2015, non se pode rexeitar a túa lingua e menos negarse aprendela!

    Gústame

  30. Na miña opinión estos casos deixan ver os moitos prexuizos que abarcan as linguas do territorio español, excepto ao castelán por suposto. A pesar destes pensamentos adqueridos sen información e argumento, aqueles que de verdade coñecen as linguas saben que quen creza nun territorio bilingüe terá sempre maior facilidade á hora de estudar novas linguas. Creo que as persoas de territorios bilingües con unha situación de diglosia teñen unha maior consciencia do que singnifica unha lingua, que non so é un idioma, se non que é a base e a propulsora de toda unha cultura, e que cando unha ingua morre unha cultura morre con ela. Estas persoas que pensas que as tres linguas cooficiais españolas,nos seus respectivos territorios, son menos importantes ou incluso dialectos do español deberían pensar tamén en todas a linguas que morren ao ano polos seus pensamentos que ao final nos levaran a utilización de unha lingua, por tanto unha soa cultura, o que conleba que todos seamos iguas.

    Gústame

  31. Sen dúbida algunha un mes terríbel para o galego. Como pode ser tan atacada unha lingua? Realmente avergonzante que haxa xente que pense que o galego é un “idioma de chiste” porque se asemelle ao castelán, a súa lingua irmá da mesma nai, o latín. O feito de que alguén poida chamarlle a unha lingua “chiste” é unha falta de respecto gravísima, non só se está insultando a unha lingua, senón á cultura que esa lingua representa e, con esta, ao seu pobo respectivo.
    A ignorancia de moita xente sí que é de “chiste”, de verdade aprender unha nova lingua é un factor negativo ? de verdade é unha dificultade que aprenda outra lingua e con isto se enriqueza culturalmente? Quitarlle a alguén a custodio dos seus fillos por querer irse a unha comunidade autónoma que tenha unha lingua propia é, ao meu parecer, un acto destetable e avergonzante. Estase separando a fillos do seu pai ou da súa nai por prexuízos e ignorancia cara a unha lingua. Pero o peor non é o acto en sí, senón que habrá xente que non lle vexa nada raro a esta situación e que non entenda por que hai xente indignada.
    Tantos prexuízos…non querer subirse ao cohe de alguén porque utilice outra lingua…medios de comunación en galego que se teñen que unir para non desaparecer por completo como xa o fixeron no ámbito da prensa escrita…non dou crédito.
    Tanto o galego como o catalán e o euskera son tres linguas igual de respectables como o castelán, ningunha é inferior ás outras tres. Galego, catalán e castelán son tres linguas de preocedencia latina, o galego e o catalán non son dialectos do castelán, senón linguas cun orixe común a este. Aínda que pareza evidente hai xente que aínda non o comprende e que sigue discriminando ao galego e aos galegos. E eu digo basta xa !

    Gústame

  32. Non consigo entendelo, cada día que pasa avergonñome máis de vivir nun país no que aínda hai xente que pode decir dunha lingua que esta é “de chiste” ou que pode atacar unha lingua como esta sendo atacada a nosa.
    É incrible que en pleno século XXI, se estean dando estas absurdas e insultantes situacións, pensaba que este racismo que estamos a vivir xa quedara erradicado fai algún tempo, pero vexo que non, vexo que segue habendo xente tan ignorante e tan sinvergüenza que se atreve a decir semellantes cousas como que a lingua galega é de chiste. Para empezar esa persoa deberiase informar solo un pouquiño antes de falar e decir tonterias, como que o castelán é irmán do galego, cousa que ao ser castelánfalante igual non sabe ¿non?.
    Outra destas situacións que me fai sentir insultada, e penso que falo por todos os galegos, vascos e cataláns, é a que se deu no BlaBlaCar, porque chamarlle irrespetuosa a unha persoa por empregar unha das tres linguas que son cooficiais co castelán no territorio español, é de chiste, isto si que é de chiste; por non falar do de traducir a Sés, porque isto si que é o que nos faltaba. En primeiro lugar o periódico “El Correo Gallego” debería estar obrigado a escribir en galego. Baixo o meu punto de vista, se é de Galicia ten que redactar en galego, porque para algo é o noso idioma propio,e quen máis que unha institución pública galega para falar na nosa lingua. En segundo lugar, aínda que o periódico redacte en castelán, traducir a unha persoa que fai unha entrevista en galego, estando en Galicia onde todo o mundo ou case todo entende o galego, pareceme ademáis de unha falta de respeto un ataque propiamente dito para o galego e para os galegofalantes. E finalmente, deberialles dar vergoña facer o que fixeron.
    E a pregunta que me fago é: Isto vai cesar algún día ou teremos que seguir achantado co que pase? A verdade, e aínda que sexa triste, penso que istas situacións non se van erradicar dun día para o outro, oxala fora así, pero non o é, por iso temos que loitar pola nosa lingua e tentar erradicar todos os pensamentos absurdos que ten a xente sobre a lingua galega, porque ningunha das tres linguas cooficiais co castelán son menores a esta última, de ningunha maneira, suponse q

    Gústame

  33. Non sei exactamente até que punto unha reacción de abraio ou asombro ten cabida aquí. Está claro que o trato á lingua é impensábel, unha forma de degradación froito da imaxe que se ten da lingua galega a día de hoxe, pero é algo tan normalizado que máis que asombrarse polo que pasa habería que se asombrar polo pouco informado que se está que a situación da lingua é, en certo modo, algo un poco lonxano. Penso que situacións como a da custodia ya non sólo rebaixan unha lingua, senón que deixan más claro qué imaxe se ten. Todos saben que aprender un idioma é algo positivo a nivel intelectual, pero obviamente, cambiar de aires e ter que aprender algo que está tan rebaixado que probablemente nin lingua se considere, non pode ser bó para o cerebro.

    Gústame

  34. Dende o meu punto de vista, pareceme vergonzoso que pasen cousas así no siglo XXI. Non entendo como as persoas poden ser tan ignorantes, crer o que lle contan sen informarse da verdade.
    A cerca das noticias anteriores, paréceme unha falta de respeto que lle quiten a uns pais a custodia do/da seu/sua fillo/filla polo feito de ir a vivir a outra comunidade. No caso de Sés, queren como sempre minorizar a nosa lingua. Como se por cantar en galego nn fose igual que os que cantan noutra lingua, como se fora menos. É vergonzoso tamén que traduzan o que recollen.
    Espero que cousas como estas desaparezan. Que a xente abra os ollos e se dé conta da realidade.
    Non desprecies nin te avergoñes da túa lingua. Loita e fai que creza !

    Gústame

  35. Retrocedemos en vez de avanzar.É incrible que en pleno século XXI suceda isto.Sés nin sequera pode dar unha entrevista na súa lingua nai,despídenche por apoiar unha causa lingüística ,galega por suposto,se fora en castelán non pasaría o mesmo e o traballador seguiría no seu posto de traballo sen dúbida.Chegamos ó punto de que che fan perder a custodia dos teus fillos só por levalos a Galicia ou Cataluña.
    Problemas ca lingua?,a lingua apréndese e moito máis se xa vas a un lugar dende pequeno como se fala no texto.Dende o meu punto de vista o que non quere aprender un idioma é porque non quere ou mesmo como pasa aquí en Galicia que hai xente que desprestixia a nosa lingua,xente que antes de falar a nosa lingua propia a lingua ca que crecemos dende pequenos deciden falar castelán porque para eles o galego é a lingua dos pobos,do rural.
    Os outros casos parecenme moi irrespetuosos,fales na lingua que fales a xente se quere e ten intención de querer entenderche vai facelo fales na lingua que fales,tamén hai moita xente que non entende o castelán e ainda así se lle fala igual ata que conseguen aprendelo.Se en vez de falarlle castelán se lle falara galego ou mesmo as dúas linguas o galego estaría moito máis avanzado e non se encontraría nesta situación de discriminación.
    Cando me encontre no meu posto de traballo gustaríame falar e comunicarme ca xente en galego sen ser discriminada nin despedida por iso.
    Se algún día dou unha entrevista para un periódico e a dou en galego gustaríame que se retransmitira en galego xa que se quixera que a publicaran en castelán ou en inglés falaríalle ó redactor nesas linguas.
    Quero poder levar ó meu fillo á calquera parte do país e que non me amenacen quitándome a custodia,quero poder falar galego en todos os lugares sen que nadie me mire raro ou se ría por falar galego.
    Pero para iso temos que loitar todos os galegos,estar orgullosos do noso idioma e falalo día tras día.Eu penso que chegaremos lonxe,non dun día para outro,pero hai que ter paciencia.
    Contan que os galegos cando queremos algo conseguímolo.Non nos rendemos á primeira,nen sequera á última !.

    Gústame

  36. Haber, isto e moi normal, estamos a mediados do século XX,nin que isto non sucedese cada día… Hai non, enganeime, estamos xa ben entrado o século XXI, un século no que calquera pode atopar información doadamente e daríase conta de que o que dixo non é que estea feo, mais ben é un insulto.

    “Un chiste de lingua” din. A min e a maioría da poboación intelixente non calificaría unha lingua de “chiste”, xamais, a cultura que che aporta unha lingua, da igual que sexa o galego, o castelán, unha lingua do medio de África con apenas douscentos falantes, da o mesmo. Todas son igualmente respetables e importantes, que nos derá saber o maior número posible.

    “Falo galego polo que non teño estudos”. Por favor, a persoa que diga iso, que me faga un favor, que colla un dicionario da REG e que o coma, para que teña a boca pechada e deixe de dicir parvadas. Cantas persoas en Galicia, coñecedoras do galego se supón, teñen estudos? Supoño que dirías moitas, ben feito. Poderíase dicir entón, que da igual a persoa que sexas, donde veñas ou donde vaias, eres galego falante? Non teño palabras para clasificar este tipo de comentarios… bueno, poderiase dicir que son de gilipollas, eso si.

    Aprendín moito este día: “o galego é un chiste”, “son galego falante polo que non teño estudos”, etc. Que bonito mundo é no que as persoas pensan iso, verdade? Deixa entrever o tipo de persoas que somos. Pidese demasiado por un pouquiño de respeto, para a lingua, as persoas, e a cultura? Ao millor si, non sei. Pode que algún día deixe de facerse iso. Algún ía.

    Gústame

  37. Isto é icreible, xa que unha lingua non pode ser chiste, aunque sexa a lingua do Klingon, todos os idimas suman nunca restan.

    E incomprnsible que unha entrevista supostamente feita en galego, se trduzca en castelán nun xornal galego como é O Faro de Vigo, eso non me entra na cabeza na época na que estamos rechazar unha lingua por unos prexuizos de séculos anteriores, xa que nuha era da tecnoloxía e da liberdade expresión non se ten que ignor a súa expresión na sua lingua materna que é a galega. Tamen despedir a unha persoa por pensar algo distinto do que pensa o seu xefe e una cousa incredula que pase nun xornal, no que se defende a liberdade de expresión e o respeto a opinión de todo o mundo os xornais teñen que dar exempo do que repersentan que e a liberdade de expreción e non despedindo a xente por expresarse libremente.

    Unha cousa incroprensible e que marginen a unha porsoa por falar unha determinada lingua, xa que outros por falar unha “lingua prestixiosa” no seria marxinada senon aceptada pero por falar o galego seria marxinada e inxeplicable nuha sociedade do 2015.
    Os xuizes supostamente teñen que garantir o cumpliento das leis e non giarse por unos prexuizo antigo, xa por cambiar dunha comunidade a outra non vai cambiar a sua forma de comunicación xa que en cataluña tamen hai xente que fala castelan e igual no resto das comunidades que teñen unha lingua propia, ademais seria beneficioso para o rapaz xa que aprende a falar unha lingua mais que nunca sobran.

    Gústame

  38. Unha vez máis podemos ver que o galego queda a unha altura nefasta, cada vez os galegos e galegas apreciamos menos a nosa lingua e tamén a nosa propia cultura, e os que non son galegos tamén, como a que di que que o galego lle parece un idioma de chiste, a min si que me parece de chiste que digan eso, pareceme un insulto a todos os galegos e a todos os que se esforzan por aprendelo.
    O que non me parece un chiste é que se permita quitarlle a custudia a unha nai polo feito de ir a Galiza ou a Cataluña, non sei en que mundo vivimos, cada un debería criar ao seu fillo como queira e ensinarlle a lingua e a cultura que lle pete.
    Vivamos como galegos

    Gústame

  39. O galego é rexeitado e menospreciado unha vez máis.
    Pareceme absurdo que nos atopemos nesta situación de diglosia no século no que estamos, posto que agora todo o mundo “se caracteriza” de liberal e tolerante.
    Por esto mesmo, penso que a xente que cre que é mellor, ou de maior prestixio falar o castelán, deberían saber que ser culto ou pertencer a unha cultura diferente non ten nada que ver con menospreciar outro tipo de culturas, como é unha lingua. Como é a lingua galega, a nosa lingua, unha cultura máis digna de respetar e de estar á altura de todas as demáis.

    Gústame

  40. Despois de leer este artigo decateime que no século XXI
    a sociedade aínda está chea de prexuízos, que de deberíamos
    correxir.

    A cerca da noticia paréceme vergonzoso que lle quiten a
    custodia a un pai/nai do seú fillo/a, por ir a vivir a
    outra comunidade.Espero que cousas como estas nos fagan
    abrir os ollos e loitar polo que é noso. Como é a nosa
    lingüa|

    Gústame

Deixa unha resposta a Carla Noya Camiño Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.