Carta de amor á lingua (por Nerea Grela)

Cando era pequena emocionábame o 14 de febreiro, non sei, un día no que todo parece perfecto, no que os problemas ou non che invaden ou che doen menos; pero iso só pasaba cando era pequena. A medida que fun medrando funme dando conta de que o 14 de febreiro non é máis que un mero día comercial no que o Corte Inglés e catro establecementos máis se forran cunhas merdas de artículos que poñen a prezos á altura das nubes e despois estamos en crise, ollo. Aínda que no fondo sofres porque vés a todo o mundo feliz e contento namorados de alguén que lles corresponde e logo estás ti, soa.
Pero ben, eu tamén estou namorada e ese amor éme correspondido, pois ela estivo comigo dende que nacín; grazas a ela podo comunicarme, grazas a ela podo sentir o calor dun aloumiño de alguén, grazas a ela podo bicar, podo falar, podo sentirme querida, podo dar agarimos e recibilos, podo sentir morriña cando estou lonxe da miña terra; podo facer milleiros de cousas, pero algo do máis importante é que podo dicir “quérote” porque ela mo ensinou. Así que aínda que o día de hoxe me pareza unha tontería tamén quero expresar o meu amor a ela, á miña lingua, porque sei que nada nin ninguén ma vai arrincar porque estaríanme arrincando toda a miña vida, xa que ela estivo comigo dende o meu principio e seguirao estando ata o final.
Grazas por ser tan fermosa e tan útil aínda que moitos non teñan empeño en valorarche, quizais é porque es demasiado importante e valiosa e eles demasiado mexericas como para que formes parte das súas vidas, pero na miña sempre serás a máis importante, porque estou namorada de ti, miña querida lingua galega.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.