Calemos coa nosa lingua a súa tormenta

Miro pola xanela, vexo chover,
chove miudiño,
de momento,
miudiño.

Un barullo de almas arredor miña, cada unha coa cabeza en sabe deus onde.
De seguro que ningunha reparou no chover.
Milleiros de espíritos aí fora.
Só unhas pequenas preocupacións:
amar,
ser amados,
ter diñeiro,
ser ricos,
(con iso abóndalles para acadar a felicidade).
A uns cantos,
dous,
quizais tres,
preocúpalles que non escampe
que chova con máis forza,
non ter paraugas
nin onde se meter.
Rin,
barullan coa vista no chan,
fan oidos xordos, alleos á que está a caer
Mirade para arriba, amig@s!
Nubes negras, pobre do pobre!

Escoito
“corruptos” ,
escoito
“corrupción”.
Escoito,
orgullosa,
“nacionalidade”
“independencia”
escoito

“Cataláns” e “Cataluña”,
“Españois” e “España unida”.

Ai, galegos de Galiza, sexamos fortes e non franquistas!
temos lingua,
temos cultura,
temos historia e mancaduras.

Ergámonos!
Berremos!
Non nos tumbaredes, que somos galegos!

Ai, a miña lingua galega,
lingua de poesía,
lingua de bolboretas,
calemos coa nosa lingua a súa tormenta!

Escoito murmurios,
escoito laios.
Escoito sen sentidos
e castelanismos.

Os nosos antepasados loitaron,
lembremos,
non sexamos nós os tercos.

Acostumados a sempre chover por Galiza,
(“mexan por nos é temos que dicir que chove”)
pero que chova fermosa,
que chova materna,
que chova arroupadora,
que chova chuvia galega.

Que sexa sempre azul a fin do mundo,
que sexan verdes e frondosos os cabos do mundo!
Que sexa noso, o noso mundo!

Ergámonos!
Berremos!
Non nos tumbaredes, que somos galegos!

AUTOR@: Clara Clamores

Advertisements