A TVG pide a unha presentadora que non utilice a ‘gheada’

Até fai unhas semanas, o espectador/a da TVG que conectase a canle un sábado ou domingo ao mediodía podía escoitar unha forma de falar inédita na cadea. A presentadora de A Revista do fin de semana, Lorena Pose, dirixíase ao público falando con gheada, dicindo “ghracias” ou “ata logho”, o que resultaba chocante para un espectador/a habituado a unha normativa estándar. Pero o atrevimento inusual da presentadora chegou ao seu fin o pasado fin de semana: Lorena Pose pasou a falar outra vez en galego normativo estándar. (tradución do artigo en castelán, na súa versión orixinal)

FONTE DE INFORMACIÓN: EL PAÍS

8 opiniones sobre “A TVG pide a unha presentadora que non utilice a ‘gheada’

  1. Na miña opinion eu creo que Lorena Pose, debería falar o galego no que ela, se sinta máis comoda, e como se lles decimos a unha televisión andaluza que non falen con acento andaluz.

    Gústame

  2. Para min,que esta presentadora falase coa ‘gheada’ non me parece mal,simplemente é a forma na que falan en algúns lugares da nosa terra.
    Por outra banda,que a mandasen falar co galego normativo tamén me parece ben xa que pode resultar chocante para moitos galegos que non teñen esa forma da fala.

    Gústame

  3. Na miña opinión Lorena pode falar ‘gheada’ porque en si esta a falar galego, so que distinta forma como pasa na maioría de lugares de Galicia. Non esta ben que lle obliguen a falar de distinta forma porque non lle gusta ao espectador porque seguro que moitos dos que á criticaron tamén utilizan a ‘gheada’ na súa fala hablitual.

    Gústame

  4. Dende o meu punto de vista, Lorena debería falar o galego libremente, se quere usar a gheada pode usala, se quere falar normativo, que o fale. Cada persoa síntese máis cómoda falando dunha maneira ou doutra, e creo que presentando un progama de televisión como ela facía, o máis importante e sentírse cómoda.

    Gústame

  5. Na miña opinión, ninguén lle pode prohibir a ninguén que se comunique na súa propia lingua, na que sempre fala e na que se sente máis cómoda facéndoo. Suponse que alguén que ve os informativos nunha canle galega entende perfectamente o galego, e polo tanto, as súas “variantes” por así decilo.
    Asique sen máis, concluío a miña opinión dicindo que cada un ten o dereito a falar como lle dea a gana e como mellor crea que o faga, que ninguén lle quite as ganas de facelo!

    Gústame

  6. Na miña opinión esta presentadora non tería que deixar de falar galego con gheada, xa que é tan galego falar así como o galego normativo.
    En cada zona de Galia é propia unha forma diferente de falar, por o tanto eu creo que fai ben que fale a sua lingua tal é como lle enseñaron, está falando adecuadamente e entendese correctamente, por o cal non vexo motivo de que o deixe de facer.

    Gústame

Deixa unha resposta a Sara Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.