Non nos fagan mudas

DISCURSO LIDO POR MARÍA REIMÓNDEZ NA ENTREGA DO PREMIO DE NOVELA POR ENTREGAS DE LA VOZ DE GALICIA
Arteixo 17 de xuño de 2014

É unha mágoa que estes textos sexan unha illa nun xornal, La voz de Galicia, que non só se caracteriza por publicar fundamentalmente en castelán malia as vizosas axudas que do goberno da Xunta recibe para publicar en galego, senón que tamén é coñecido por participar con frecuencia dos discursos estigmatizantes cara ao galego. Véxome na obriga de recordar aquí que cada vez que se transmiten de diversas maneiras contidos como que o galego non vale para nada, ou que o galego se impón hai persoas que semellan esquecer que do que están falando é de persoas. Estásenos dicindo ás persoas galegofalantes coma min, coma a miña familia, como as cada vez menos nenas e nenos que chegan galegofalantes ao ensino, que non valen para nada. Este tipo de discurso crea un clima que nos fai a vida diaria cada vez máis complicada ás persoas galegofalantes, oxalá o seu xornal publicase algún día unha reportaxe sobre isto. Fronte aos discursos aprendidos do prexuízo e da discriminación que fan que tantas persoas galegofalantes pasen ao castelán en diglosia ou por vergoña, que abandonen a súa lingua e non a transmitan por pensar que así ascenden na escala social, é obriga de todas traballar por un futuro que non sexa o que perfilan as políticas lingüísticas actuais. Un futuro de insignificancia e pobreza.

SE QUERES LER O DISCURSO ENTEIRO, PINCHA AQUÍ: discurso de María Reimóndez

GRAZAS, EMILIO!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.