Lanzan en Brasil un dicionario co vocabulario do galego-portugués usado na Idade Media

O “Vocabulario do Portugués Medieval“. Así se chama unha listaxe en dous volumes con preto de 170.000 palabras que eran usadas nos actuais territorios de Portugal e Galicia na Idade Media que acaba de ser lanzado en Río de Janeiro tras 35 anos de investigación.
O vocabulario, no que a cada palabra en desuso está vinculada ao seu correspondente na actualidade, foi elaborado a partir de documentos datados en Portugal e en Galicia entre os séculos XIII e XV, segundo o Ministerio de Cultura.
Advertisements