Hai futuro para o galego?

Catro semanas de clase, dous debates e a proxección do documental Linguas cruzadas poñen de manifesto que, de seguir así as cousas, non hai futuro para a lingua propia de Galiza (ou Galicia?).
A mocidade galega do século XXI non sente a necesidade de falar galego, pois na sociedade actual ca2013-03-18 18.08.17lquera xove pode desenvolverse sempre en castelán ou mesmo en inglés en todos os ámbitos e lugares polos que se move. A potenciación destas dúas linguas hexemónicas no mundo, español e inglés, leva consigo o abandono de linguas minorizadas como o galego.
Se temos en conta que a comunicación se rexe pola economía da linguaxe, poderemos entender que, nun territorio con dúas linguas oficiais, cada unha das linguas cumprirá funcións sociais distintas: unha, as funcións de prestixio e outra, as funcións baixas. A lingua propia, minorizada, estará condenada a ser substituída pola foránea por ser esta unha lingua de prestixio. Ou, no mellor dos casos, a subsistir como unha reliquia do pasado, folclorizada e ritualizada mediante certos usos institucionais e culturais. Ou, no peor dos casos, a subsistir como lingua de “andar por casa”, de “entre nós”, para as relacións locais e familiares ou como símbolo de identidade. Mais calquera destas maneiras de subsistencia non lle dan vida á lingua, pois a lingua vive na boca dos seus falantes, medrando e enriquecéndose con eles.
Vivimos nun mundo plurilingüe no que a diversidade é a característica máis salientable. O raro é atopar un estado no que só haxa unha lingua. Non respectar esa diversidade lingüística supón destruír a diversidade cultural do planeta e a sabedoría ancestral dos seus pobos, aínda máis, supón destruír a variedade dos pobos que habitan este planeta. Camiñar cara á redución desa variedade é camiñar cara a uniformización cultural, cara a unha única lingua hexemónica, cara a unha única cultura e cara a unha única forma de entender a realidade e de estar no mundo, é dicir, supón camiñar cara ao pensamento único, eliminando aquilo que nos fai diferentes e que nos fai ser o que somos.
DSCN3054 En Galiza levamos vivindo séculos de conflito lingüístico, pois a lingua propia, o galego, veuse desprazada das súas funcións sociais polo castelán, lingua foránea que entrou polo poder na Galiza dos séculos XIV e XV. Desde entón iniciouse un proceso de substitución lingüística dunha lingua por outra. O pobo galego, monolingüe en galego, atraído polo poder, abandonou a súa lingua como un paso previo para ascender socialmente. De aí que tradicionalmente se asociase o galego ás clases populares e ao mundo rural, mentres o castelán ficaba para as clases poderosas e para o mundo urbano.
Hoxe, aínda que segue vivo, ese prexuízo non é a causa da perda alarmante de galego-falantes. O problema é outro, pois calquera mozo ou moza que realizara os seus estudos obrigatorios en Galicia está en condicións de usar oralmente e na escrita a lingua galega e, se non o fai, é por unha destas dúas razóns: ou ben porque non o precisa, porque tamén está en condicións de usar o castelán e a economía da linguaxe obrígao a escoller entre unha e outra; ou ben porque, aínda querendo usar o galego, sendo un falante consciente da situación da lingua propia de Galicia, resúltalle imposible na sociedade actual poder vivir en galego, a non ser que estea disposto a ir sempre contracorrente e a reclamar unha e outra vez os seus dereitos, até o agotamento ou a frustración.
Tal e como nos ensina a Ecoloxía, ao galego pásalle como ao carballo. Se de cada mil plantacións só dez son de carballo e no resto plántase eucalipto, os carballos están, antes ou despois, condenados á desaparición, por moita vontade e afán que poñan no seu coidado os individuos que os plantan. Só se os poderes públicos median, primeiro, formando en conciencia ecolóxica, despois, protexendo, e, finalmente, incentivando as plantacións de carballo, só así, os carballos poderán recuperar os terreos usurpados polos eucaliptos. Só con vontade política pode mudar esta situación, senón non haberá futuro para o galego …nin para os carballos!DATOS POR CONCELLO: Carlos Neira en Praza Pública

Advertisements

33 opiniones sobre “Hai futuro para o galego?

  1. Estimada Marlou:
    Después de leer este artículo decidí escribir este comentario. Decirte que mi deseo es hablar gallego en mi día a día.
    Para situarte en contexto te diré que lo mío con el gallego no es una cosa de hace unos días, ya viene de atrás.
    En primaria mi profe no era de aquí así que de gallego lo imprescindible, no fue hasta 2 de ESO cuando, tras tener clase con una sustituta que nos dijo “Eu empecei a falar galego con 19 anos porque dinme conta de que a nosa lingua é o máis preciado que temos, e xa vedes aquí estou como profesora de galego” (non me acordo de nada máis dela). Bueno, no fue hasta ahí cuando empecé a darle vueltas al asunto y concluí que tenía toda la razón del mundo. Después durante 3 y 4 tuve una profesora brillante que me hizo aprender la lengua como nadie antes pero ahí se acabó la cosa, me fui para América (con una beca) y no volví a saber nada de “él”.
    Por otro lado en mi familia sólo hablan gallrgo 3 abuelos y mi padre cuando está con ellos, en mi casa nunca ni conmigo ni con mi hermana. Varias veces que les pregunté por qué, me quedé sin respuesta.
    Yo, sinceramente y sin exagerar, veo el gallego como un tesoro que hai que guardar, conservar y usar, pero no soy capaz!, no consigo hacerli, no me veo con la fluidez suficiente como para hablarlo y/o escribirlo (ya ves este comentario) y por eso no me siento capaz de empezar a usarlo.
    Por otro lado no siento que la gente de mi alrededor me ayude, como pone en el texto, es como si luchara contracorriente. Lo intenté con el wssap pero la gente, ni el corrector me ayudan, preguntan “que te ha dado?”, “Ahí estás tu con tu gallego normativo”. Que si normativo por un lado, que si forzado por otro… Yo que sé.
    Bueno, a lo que voy, tengo la sensación de que me falta algo, siento vergüenza cuando me hablan gallego y contexto en castellano por falta de fluidez, decisión… Llámale x.
    Tendo ideas, razones y una decisión, pero siento que necesito ayuda, apoyo, una estrategia, una guía… Algo que me ayude a romper esa barrera lo antes posible.
    PD: Soy de A Coruña.
    Recibe un cordial salúdo.

    Gústame

  2. Querida Anónima!
    Non sabes a alegría que me acabas de dar co teu comentario. Se aínda hai xente coma ti, entón, HAI FUTURO PARA O GALEGO!
    BOAS VINDAS!
    Se me permites, voulles pedir aos meus alumnoas que che respondan, que che suxiran actitudes, condutas e pautas para volverte unha neofalante.
    Despois xa che contarei a miña historia para que vexas que non es a primeira “vaca no millo”.
    Entre tanto, suxíroche que fagas o que dicía o mellor de todos os lemas que se inventou para a normalización do galego: BUSCA UN AMANTE GALEGOFALANTE!

    Gústame

  3. Querida Anónima:
    Alégrome moito de que teñas a intención e as ganas de falar, escribir e de usar o galego na túa vida diaria. Paréceme normal que teñas “medo” de empezar a usalo, pero pensa que se ti atopaches motivos para cambiar de lingua, porque os demais non os poderían atopar se ti empezas a falarlles galego?
    Podes pensar que vas ser a única no teu entorno que o fale, pero seguro que moita xente pensa o mesmo ca ti pero non é capaz de dar o paso. Se ti empezas a falar o galego estarás axudando á recuperación da lingua. Canta xente cres que igual está esperando a que alguén lle fale en galego para falalo tamén?
    Algúns consellos para comezar a túa andaina de neofalante: primeiro, non tes que avergonzarte de non ter ao principio moita fluidez, ou non ter moito vocabulario, pero iso é só ao principio. Unha lingua apréndese falándoa.. Segundo, que non che importe o que digan os demais, ti tes o dereito de usar a lingua propia do noso pobo, e non teñen razóns para burlarse dunha lingua que nos identifica.
    Lembra que ás veces facer o contrario que os demais é o correcto.
    Un saúdo

    Gústame

  4. Pues viendo que te has ido tantos años a América y que eres practicante de la lengua cervantina y no del gallego, me imagino que entender el idioma te costará bastante, así que lo haré más fácil al escribirte en castellano, y sí, sé perfectamente que estoy tirando piedras sobre mi tejado, ya que sé que este es un blog en gallego, pero me parece de mala educación hablarte en un idioma que no practicas, ya que te causará dificultad a la hora de entender mis palabras.

    Lo que yo te voy a decir es que hables lo que te haga sentir más cómoda y háblalo a tu manera. Te voy a poner por ejemplo mi caso. En el instituto y con los compañeros de clase hablo principalmente en gallego. Esto se debe a que ellos me lo hablan a mí y yo se lo hablo básicamente porque, desde mi punto de vista, es un acto reflejo que consigues al ser como mínimo, bilingüe por nacimiento. Acabas desarrollando una capacidad para cambiar de lengua más fácilmente que la mayoría de personas que han nacido monolingües, pero luego, fuera de clase, hablo prácticamente castellano, a excepción de mis padres que no sé qué les ha dado que me miran mal por hablárselo… Y quizás te preguntas, ¿Porqué habla en castellano fuera del instituto y gallego dentro? O igual te da exactamente igual lo que estoy diciendo, que es otra posibilidad *pausa para las risas* pero lo hago porque me siento más cómodo utilizando la lengua de mi patria, que para mí es España. Y esto es donde quiero llegar. Si te sientes cómoda hablando castellano, háblalo. Si te sientes cómoda hablando gallego, háblalo. Son dos lenguas y ambas te servirán, así que no deberías preocuparte por hablar una o otra, sino por cómo te sentirás más cómoda hablando. Eso es lo importante.

    No te doy más la brasa, que cuando empiezo no paro… Si quieres hablar gallego adelante. Sin miedo. Nadie te va a mirar mal. Es normal que la gente que te conozca se te quede mirando rara al principio ya que siempre te han oído hablar en castellano, pero lo mismo pasa a la inversa. Con el paso del tiempo se acostumbrarán y podrás hablarlo tranquilamente. Ahora, si te va a dar miedo hablarlo y te vas a sentir incómoda, pues sigue con el castellano. Una lengua no se habla con el cerebro, sino con el corazón.

    PD: Disculpa si no lo he redactado todo lo bien que debería o si me he repetido un poco. Lo he escrito sobre la marcha.

    Un saludo,

    Fabián

    Gústame

  5. Querida anónima:
    O feito de que desexes falar en galego e pegar ese cambio tan brusco é o primeiro paso que podes dar. Pero como ben dixen, é un cambio moi complicado ao que, con toda seguridade, non estarás acostumada ata dentro de tempo.
    Non podo darche os pasos exactos para chegar a falar en galego xa que eu o falo dende que recordo, pero sí podo darche un consello: comeza a falar galego, non fai falta que todo sexa en galego normativo posto que cando eu falo e moita xente que coñezo tamén se nos escapan moitos castelanismos, pero tentamos correxilos e axudándonos uns aos outros a facelo. Asique non teñas medo a equivocarte, xa que che podo asegurar que dos erros se aprende.
    Por outra parte, tamén dicirche que non lle fagas caso aos demais e menos a quen che critique ou che faga burla por falar esta lingua. A NOSA lingua. Eso é o máis importante, e sobre todo, o que non podes olvidar nunca. Nós temos dereito (por non chamarlle deber) a falar a lingua que nos pertence, a que nos axuda a contactarnos coa xente e a expresarnos tal e como queremos no momento adecuado. Asique cada vez que fales galego espero que o fagas coa cabeza ben alta, cun sorriso na cara e con orgullo no corazón!
    Un saúdo

    Gústame

  6. Estimada anónima:
    Paréceme fantástico que queiras comezar a falar galego, sobre todo tendo en conta na cidade que vives, na que a inmensa maioría fala o castelán. Isto pode ser algo que che “asuste” nun principio pero non debes ter vergonza nin medo de falar galego xa que é a nosa lingua e tes todo o dereito de poder falala.

    Sobre como comezar a falala… eu creo que poderías decirlle á túa familia e ós teus amigos que queres comezar a falar o galego, non creo que se ofendan nin que lles pareza mal e estou case convencido de que che apoiarán na túa decisión.
    Non te preocupes se ao principio che costa falar o galego con fluidez, ningúen é perfecto e ninguén che vai chamar a atención por dicir castelanismos xa que a todos ou á maioría se nos cola algún que outro polo medio.

    O único problema que podes atopar na Coruña para usar a nosa lingua é nos comercios, xa que eu algunhas veces fun a tendas coruñesas e faleilles en galego e miraronme con cara extraña; se che ocorre iso, que espero que non, ti non debes avergonzarte da lingua que falas e non tes por que cambiar ao castelán porque eles che falen en castelán: entenderanche perfectamente en galego.

    Eu anímoche a falar en galego e como ben dixen antes: non teñas medo por confundirte de cando en vez, unha lingua apréndese falándoa!

    Moita sorte e un saúdo!
    Óscar

    Gústame

  7. Querida anónima:
    É unha gran vinda que sexas unha persoa que sabe apreciar o que temos realmente na nosa terra.Benvida ó grupo!Dicirche que te olvides do que che digan.Si o importante é comunicarse e ti queres comunicarte en galego…adiante.Como dixo alguén unha vez,”o que algo quere algo lle costa”.Ao principio vaiche costar pero non te preocupes,con esforzo e ganas todo se consegue.Imaxínome que non é doado para ti pola xente que tes ao teu redor,pero pensa que tes que facer o que ti queres e non o que os demáis che din.Ánimo!

    Gústame

  8. Querida anónima:
    Tan só quería dicirche que vexo xenial que queiras comezar a falar o galego,por ser esta a lingua propia do noso pobo;e como galegos temos o deber de conservala,protexela e usala.Posto que se nós non o facemos,ninguén vai a facelo por nós.
    Para comezar a falar o galego tan só tes que desfacerte deses sentimentos que che fan prisioneira dunha falsa realida. Non hai ningún motivo polo que debas sentir vergoña.
    Aínda que agora non sintas que falas o galego con fluidez,como ocorre con todas as linguas, isto mellórase a base de falalo.
    E sen máis gustaríame enviarche o meu apoio. Moita sorte e oxalá nos chegue outro comentario teu contándonos que ao fin eres galegofalante.
    Un saúdo.

    Gústame

  9. Estimada anónima:

    A verdade, teño que dicir que o teu comentario sorprendeume moito. A idea que eu tiña das persoas castelanfalantes é a de que, por diversos factores ( porque se fala no ámbito familiar, escolar, de amizades…) falan sempre en castelán e non teñen interese polo galego, debido a que en Galiza ( por desgraza) é posible, e moi doado, vivir en castelán, pero en cambio vivir en galego vóltase cada vez máis difícil.
    Ademais de sorprenderme, o teu comentario alegrame moito, debido a que demostra que hai castelanfalantes ( aínda que poucos) que se dan conta do valor do galego e mostran interese por él. Pero non só interese, senón incluso un esforzo por dominalo e falalo.
    Eu realmente, quizáis non son a persoa máis axeitada para aconsellarche, xa que dende que eu teño coñecemento falo galego en tódolos ámbitos. Pero o que teño claro é que para aprender unha lingua o mellor é falala. Entendo que ao primeiro che resulte complicado, sobre todo se as persoas achegadas a ti non o falan, e iso aínda lle da incluso máis valor e máis mérito ao que ti te propuxeches: convertirte nunha neofalante de galego. Ao comezo é moi normal que cometas erros, moitos erros, e que teñas que estar pensando constantemente no que vas a dicir. Esto ocorrerache o primeiro día, a primeira semana, o primeiro mes… Pero chegará un momento no que éste será espontáneo.
    Por poñerche un exemplo: nós na escola aprendemos inglés, pero só estudándoo non acadamos o grado de coñecemento suficiente para falalo con fluidez. Entón o que moitos fan é viaxar ao extranxeiro, a un país onde se fale esa lingua para así acabar dominandoa. Pois mira, estas de sorte!!! A ti xa non che fai falta viaxar, porque te atopas na terra na que se fala esa lingua! Entón solo tes que facer unha cousa: saír e falala.
    En canto ao de que che resulta incómodo falar galego debido a que todo o mundo ao teu redor fala castelán: O que os demais digan, a ti non che ten que importar, por que te vas a avergoñar de falar galego? Acaso non che entenden cando o falas? No caso de que non o entenderan o problema xa non sería teu, xa que se estás en Galiza, e a lingua propia de Galiza é o galego…Que menos que falalo!
    Así que anímate, nada a contracorrente nese río da lingua, a ver se consegues que os que van na túa contra se volten ao teu bando, e así cambiar a dirección dese río.
    P.D.: En canto ao que comentastes de que cando falas galego a xente che di ” ¿A ti que te ha dado?”, non estaría mal que lles contestases como o faría Celso Emilio Ferreiro: ” eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dame a gaña, porque me sae de adentro, de alá do fondo”.
    Moito ánimo e saudos, o paso máis difícil xa o tes dado!

    Gústame

  10. Non consigo entender que clase de cousas temos a xente galega na cabeza para sentirnos ‘incómodos’ falando a nosa propia lingua. Coñezo xente de fóra de Galiza e, por moi raro que nos pareza, non ven nada de malo no galego, é máis, deféndeno! En cada lugar hai un idioma e na Galiza é o galego. E que problema hai? Eu anímote a falalo, sempre que queiras claro, e a axudar a que si haxa futuro (e oxalá sen os estúpidos prexuízos de agora) para o galego!

    Gústame

  11. Estimada anónima:

    Quería dicirche que me parece xenial que queiras galeguizarte e que mellor maneirta que a que tes en mente, agora o que falta é que o leves á práctica e estou segura de que en canto comeces a falar o galego sen preocuparte do “que dirán” daraste conta de que foi o mellor que puideches facer!

    Eu son galegofalante dende que nacín e síntome moi orgullosa da miña lingua, así que estou segura de que a ti che ten que gustar tanto como a min, por iso non dubido en que cun pouco de esforzo acabarás conseguindo o que te propós!

    Moita sorte, saúdos cordiais

    Nerea

    Gústame

  12. Querida anónima, vexo moi ben que queiras aprender a falar a nosa lingua, e tamén que non queiras perder a lingua dos teus avós, non deberias preocuparte por falar galego normativo porque seguramente os teus avos tampouco o falen, e xa verás como pouco a pouco te acostumas, e cuestión de tempo, a todos ainda que falemos galego dende que nacemos se nos escapan castelanismos, e algo que eu vexo normal.
    Eu solo che vou a dar dous consellos:non te avergonzes de falar o galego ainda que non sexa normativo e non fagas caso dos demais, ti tes que falar o que ti decidas.
    Un saúdo.

    Gústame

  13. Moi boas, querida anónima!

    Antes de nada felicitarche polo teu grande paso que deches ao pedir diferentes opinións porque ainda que pareza pequeno é máis grande do que ti te cres. Pensa que os muíños de vento parecen pequenos, pero cando te acercas a eles son xigantes…

    O meu consello é que loites. Loita polo que é teu, loita por aquilo que amas, que desexas, que síntes teu…
    Non te deixes influir nunca por ninguén. Non te convirtas nunha marioneta torpe por culpa daquel que che dirixe.
    Olvídate do qué dirán porque iso non existe se ti mesma to propós
    Se houbo algo no teu interior que che fixese pensar, que fixese despertar en ti un sentímento que crías dormido pero que agora está máis vivo que a fogueira de San Xoán, non o dudes e adiante e pronto te decatarás de que tomaches a opción correcta, porque de qué sirve contentar aos demais se ti ao facelo non te sintes igual e te sintes mal, incómoda?

    Para facelo maís fluido recoméndoche que, por exemplo vexas series en galego ( recoméndoche Matalobos, é brillante) le libros, invéntate monólogos ti mesma en galego ou ,incluso, escribe que iso axuda bastante.

    Non o olvides, sé ti mesma e xa verás como o conseguirás

    Un millón de saúdos!!!

    Gústame

  14. Hola, estimada anónima
    Primero dicirche que me tranquiliza que hoxe en día exista xente coma ti que considere o galego importante porque iso é, unha língua coma calquera outra. Pero o problema é que se marxina continuamente. Pero se aquelas persoas abriran coa chave da cultura ese tesouro que esconde un ha língua chea de beleza e dun seguro futuro de xente coma ti que queira aprender galego.
    Recordo unha excursión que tivéramos a Madrid cando ía a piragüismo. Nas habitacións tocáranos cunhas compañeiras madrileñas, falámoslle en galego e non comprendían a língua e eu pensei ¿pero tanto se marxina o galego?, por iso digo que é importante que a xente de fóra teña interés por estudar a nosa lingua.
    Segundo quéroche mostrar os meus máis sinceros ánimos para que sigas estudando o galego sen medo, pouco a pouco. So se trata da tua vontade, a vontade de por fin un día ter a língua galega na túa boca e sentirte orgullosa de ver o que coseguiches.
    Saúdos e moi, moi boa sorte!

    Gústame

  15. Estimada Anónima:
    Ante todo felicitarche polo paso que dás ao querer falar o galego, alégrame moito tal iniciativa, por iso me vexo na obriga de animarche a que sigas para diante. Non podes pensar e atemorizarte co que a xente pensará de ti ao escoitarche falar galego. Non é nada malo, ao primeiro cometerás erros, máis só son iso, erros. Sei que ao primeiro che custará moito, non por ti, senón pola xente que se ten que adaptar á nova decisión que tomaches, mais acabarana aceptando. O día que menos o esperes, botaraste a falar galego e xa non sentirás esa estrañeza, xa será a túa lingua. Para iso, lánzate, non dubides en que ao cabo do tempo, será unha cousa normal na túa vida.
    Por outra parte, non te preocupes de falar galego normativo ou non, eu falei galego toda a miña vida, e a día de hoxe uso castelanismos, pero… que máis dá!? ao fin e ó cabo, falo galego, considero que o falo ben e gústame como o falo.
    Non te deixes criticar pola xente que pensa que o galego é inferior e, se che critican, non deixes que che afecte. Tes o apoio de todos os galegofalantes do mundo, estou máis que segura, e aínda que sexamos poucos, estamos moi unidos para facer que o galego sexa cada vez máis forte.
    Noraboa pola túa iniciativa, un saúdo!

    Gústame

  16. Boas anónima!
    Para comezar felicitarche por querer dar este gran paso e falar do galego como falas a pesar de ser castelán-falante, pois oxalá todos aqueles que en Galiza non falan o Galego pensaran o mesmo ca ti. Si, o galego é un tesouro que hai que gardar, conservar e usar. Eu levo falando galego toda a vida, polo tanto non podo darche mellor consello que o seguinte: Xa deches o paso máis grande, que é querer facelo, decidirte. O seguinte é intentalo, as primeiras veces vaiche sair mal, pero iso é como todo. Cando somos pequenos e empezamos a poñernos de pé para andar, cantas veces caemos? Moitas. Pero míranos agora, andamos perfectamente e mesmo nos poñemos á pata coxa sen caer, corremos, saltamos á corda alternando os pés, etc. Non hai nada que nos impida facelo, e ten algo que ver con que no momento en que deixamos de gatear alguén nos animou a erguernos, pero estou segura de que se nos obrigaran a seguir gateando todos nos acabariamos rebelando contra eles e facer o que nós queremos. O que quero decirche con isto é que se ti queres facer algo non tes por qué ter medo a comezar, nin tes que parar de intentalo porque a xente che desanima. Son eles os que deberían de estar desanimados por non falar a lingua que a nosa Galiza nos dou. Así que recorda, non contes as veces que caes, se non as veces que das un paso.
    Moita sorte e espero que o próximo comentario esté escrito en galego, ti podes !

    Un saúdiño, Tania.

    Gústame

  17. Querida anónima! A primeira cousa que debo dicirche é que xa deches o teu primeiro paso en querer falalo, agora o resto é moito máis fácil do que cres , escoita ben o que che vou dicir: dá igual o que pense a xente de se non falas o galego normativo.
    Que queiras falar o galego non significa que teñas que deixar de lado a lingua que fales na casa, o que tes que facer e ter as ideas claras, se ti queres falar galego tes que intentalo, dá igual se a maioría da túa familia non o fala , ninguén che está impedindo falalo hai que loitar polo que un quere e o galego é algo apaixonante, algo polo que vale a pena loitar.

    Gústame

  18. Querida anónima,

    Antes de nada dicirche que me alegra saber que aínda queda xente que se interesa pola nosa lingua, o galego, e que ten interese e gañas de coñecela e utilizala. Darche os meus parabéns por querer dar este paso.
    Tes toda a razón e non es nada esaxerada cando dis que o galego é un tesouro que hai que gardar, estás totalmente no certo. É un tesouro que hai que gardar e coidar para que non se perda, porque desgraciadamente vai por ese camiño se non conseguimos que a xente perda certos prexuízos. Dis que non tes a suficiente fluidez para falalo ou escribilo, pero todo é comezar. Se ao principio metes certos castelanismos ou non te expresas na forma máis axeitada, non pasa nada, non sintas vergoña ou incomodidade nin nada polo estilo, estás aprendendo e é normal equivocarse, co tempo iranse corrixindo os teus erros e acabarás falando perfectamente o galego.
    No que te refires á xente do teu redor, é un factor que case sempre, por non dicir sempre, é unha das principais causas que impide que moita xente non fale o galego, simplemente porque o seu entorno non o fala. Isto non che debe afectar, e se che preguntan que che dou por falar galego, ti pensa que non es a rara ou a diferente, os diferentes son eles por falar o castelán nun lugar no que a lingua é o galego.
    Volvo a recalcar na idea de que non debes ter medo a equivocarte ou a non ter a suficiente fluidez ao utilizar o noso idioma, todo é comezar e co paso dos días vaiche ser máis levadeiro e cada vez máis fácil de falalo, ata que o consigas facer realmente ben e de maneira natural. Toda lingua se aprende utilizándoa e falándoa, así que non te preocupes. Anímoche a que sigas ca mesma idea de querer falalo e pensa que así tamén aportarás unha axuda máis a que o noso idioma, lingua e identidade non se perda.

    Un saúdo

    Gústame

  19. Boas compañeira:
    Eu son da provincia da Coruña coma ti, nacín e resido en Rianxo. Dende que recordo son galegofalante e penso que moi pronto ti tamén o serás. Xa comezaches a dar o primeiro paso, plantéxaste a importancia que tería dominar a nosa lingua. Agora non debes ter medo a intentar falala, xa que pouco a pouco irás mellorando a túa expresión. Tampouco debes ter reparo en utiliza a cotiá en calquera situación, aínda que na túa cidade o galego cada vez se use menos, todo o mundo a entende.Non te avergoñes nunca de usala aínda que sexa con erros, o importante e que fales a lingua que queiras, non a que che marque a sociedade polos prexuízos que poidan ter hacia unha lingua ou outra.
    Gústame saber que ainda queda xente interesada en aprender a falar o galego e por eso douche a miña noraboa,
    Un saúdo,
    Miguel

    Gústame

  20. Ola anónima!
    Unha persoa pode convertirse naquilo de desexa, quero dicir, se eu non teño o mínimo interese en falar galego, o máis probable e que non o intente ou que non chegue a facelo nunca, e ti queres falalo.
    É xenial saber que sentes algo cara a nosa lingua, e inda que che custe, non te poñas barreiras para poder falalo. Fago unha pequena paréntese para dicirche que, este ano, fun de vacacións ás Illas Canarias, e os primeiros días, intentaba falar o menos posíbel, pois custábame moito falar dunha maneira máis achegada á deles, pero para entendernos mellor, falaba o castelán, e pouco a pouco se empregas un idioma diferente ou outro dialecto, acabarache saíndo máis fluído e non sentirás ningún medo por falalo e moito menos, incómoda.
    Saíndo dese tema, dicirche que ninguén debería condicionar a forma na que ti desexas expresarte, é igual que non domines o galego ao primeiro, pero que ninguén che faga sentir incómoda polo simple feito de falalo. Se o pensas ben, a nosa lingua pásalle algo parecido, moitas persoas veno desprestixiado, ou vense inferiores empregándoo… polo que o que precisamos son persoas que queiran manter o galego vivo, a quenes lles guste falalo. Moito ánimo e grazas por deixarnos ver un pouquiño como te sentes!

    Gústame

  21. Benvida ao mundo galegofalante, porque aínda que non te sintas segura para falalo, xa chega con que esteas a sentir esa necesidade de facelo.
    Eu son un rapaz galegofalante que nacín no mesmo pobo que o poeta Faustino Rey Romero ( que ademáis de escritor, foi un dos primeiros curas que se atreveu a decir a misa en galego. Porque como saberás, hai 50 anos, estaba prohibido). Os meus pais educaronme no noso idioma e non fixeron coma os teus que deron preferencia ao castelán.
    A verdade é que o galego tivo mala sorte coa historia que lle tocou, porque tendo a mesma orixe que o castelán, por qué lle parece a algúns que por falar castelán son máis ca nós?
    Entre todos e todas, temos que superar o que pasou antes e situar ao galego no lugar que lle corresponde por ser a lingua nai de Galicia.
    Estou contento de saber que a pesares das dificultades e atrancos que se lle pon ao galego, hai persoas coma ti que sinten a necesidade de utilizalo.
    Empeza por facelo como che saia e xa verás que rápido te fas galegofalante.
    Espero que non sexas a única!!

    Gústame

  22. Benquerida anónima!

    Estou moi contenta de que aínda haxa persoas coma ti que teñen as gañas e a ilusión de falar galego.O proceso de aprendizaxe dunha lingua sempre é complicada pero co entusiasmo e con moita moita enerxía para falar, que así é como se aprenden as linguas, conseguiralo sen lugar a dúbidas.
    No meu caso, levo falando galego dende que teño memoria.Pero aínda así sempre se me escapan algúns castelanismos que están tan integrados na miña fala que non me decato.Ao igual ca ti estou aprendendo a correxir os meus erros, e a tentar utilizar as palabras na miña lingua.
    Penso que non che debería importar o que os demais digan, sei que resulta difícil falar galego nun entorno no que todos che falan castelán,pero todo é comezar, ata que se convirta en algo tan esencial e común como respirar.
    Desexoche moita sorte, e falando, falando e falando conseguirás os teus propósitos de falala!
    Un saúdo

    Gústame

  23. Ola anónima:
    Polo que podo ver na túa carta tes verdadeiras gañas de falar galego, o que sintes coma o teu idioma, o noso idioma. É o que neste intre che está a pedir o teu corazón.
    Eu coido que o paso máis importante que tes que dar é soltarte a falalo. Moitos galegos temos un sentido do ridículo moi grande, e iso é algo que temos que superar, pois ninguén naceu aprendido. Fíxate en todos os alemáns, ingleses, franceses que veñen ao noso país malfalando español, e ninguén se rie deles, todo o contrario, son dignos de admiración.
    Ti só pensa que estás a falar no idioma, na túa lingua, na lingua galega, que forma parte da nosa cultura, da nosa historia dende hai séculos; e que falandoo, aínda que cometas erros estás a contribuir a que esta cultura non se perda. O tempo e as túas gañas farán que nun futuro non te sintas incómodo e que fales galego con soltura e fluidez.

    Gústame

  24. Querida anónima
    Mentras lei o teu comentario sintinme identificada porque resulta que este ano trasladeime a Galicia a estudar bacharelato e o medo que eu tiña polo galego era enorme. Unha vez que chegei, todo foi moito máis facil. Comprendin que a partir dos erros se aprende. Cometo erros tanto escribindo como falando pero al menos o intento. O bo é que os meus compañeiros falan galego entón é máis facil pero aínda que non o oias podes aprendelo.Eso é o que tes que facer ti. O importante é a intención e o paso de querer aprendelo e moi grande. Agora solo che queda enfrentarte ao teu entorno e demostrar que ti podes falalo despois de moito tempo. Desde aquí mandoche todas as miñas forzas e os meus ánimos para que sigas adelante.
    Un saúdo
    E non o olvides, dos erros aprendemos

    Gústame

  25. Querida anónima:
    Alégrome moito de que aínda queden persoas que aprecian a nosa lingua de verdade. Paréceme un paso importante porque os teus pais non che falaron galego dende pequena pero creo que podes conseguilo rapidamente se deixas de lado os prexuízos e a opinión da xente que non é importante para ti, xa que pode ser que ao principio ás persoas máis próximas a ti lle sorprenda que fales galego de repente, pero despois de ver que é o que realmente queres apoiaranche.
    Non teñas medo por falalo mal xa que cada persoa fala dunha maneira distinta, eu aínda que falo galego dende pequena utilizo castelanismos sen darme conta e supoño que a xente que fala castelán en Galicia tamén deixara escapar algún “galeguismo” de vez en cando.

    Para comezar a falalo eu recoméndoche que o fagas cos teus avós ou con persoas que coñezas que falan en galego, xa que así custarache menos e verás que case todos comentemos erros ao falalo e despois dun tempo ti tamén o falarás, con erros ou sen erros pero conseguiralo.

    Ánimo!

    Gústame

  26. Boas anónima!
    Como lle gosta á xente galegofalante ver que aínda hai xente que se interesa pola lingua…
    A min pasoume como a ti, e en infantil a miña profesora só nos falaba en castelán, e era a lingua que eu comecei a falar. Foi en primaria cando a profesora nos comezou a falar galego e eu cambiei a miña fala radicalmente ata o día de hoxe, ate o punto de saír de Galiza e seguir falando galego “sen querer”. Quizais o meu caso foi porque eu escoitei falar á xente e como rapaza pequena que era, imitaba o que os demais facían. Pero ti o primeiro paso xa o deches, que é decirte a ti mesma que queres falar galego. Se queres, podes. A veces vemos un doce e ten moi boa pinta, e pode que o comamos e non nos goste; pero e se resulta que acaba sendo o teu doce favorito? Inténtao co galego, dende Rianxo vanche moitos animos e espero unha nova resposta en galego! Saúdos

    Gústame

  27. Para comezar, paréceme unha moi boa idea a de comezar a falar galego, e espero que haxa máis xente coma ti que se anime a empregar o galego xa que a situación na que se atopa o galego é bastante complicada.
    Se queres comezar a falar galego, creo que deberías ler o relato de SechuSende en MadeIn Galiza de “Instrucciones para aprender a hablargallego”; é moi divertido e creo que che podería axudar bastante neste asunto (que conste que aínda que o título está en castelán, o relato está en galego).
    Non teñas vergoña de falar o galego aínda que vivas nesa cidade con tantos castelán falantes, seguro que che entenden perfectamente; e se cometes erros, pódeste rir deles e sentiraste mellor que se te preocupas constantemente. Todos cometemos erros á hora de falar empregando en ocasións castelanismos, pero un non pode pasar de non falar unha lingua a falala de repente perfectamente.
    Unha cousa máis, se alguén se ri de ti por falar galego, probablemente o faga porque non ten o valor necesario para comezar a falalo e pode que algúns se inspiren na túa aventura e comecen a falalo tamén.Se queres, pódeste poñer coma exemplo a Rosalía, que nunha literatura completamente castelán, escribiu un libro en galego e grazas a iso, moitos inspiráronse nela e comezaron a escribir en galego, só que o teu caso transcorre no ámbito oral.

    Gústame

  28. Eu creo que o galego debería ser a lingua vehicular das materias que máis se estudan en Galiza , posto que se fala máis castrapo que galego e dá carraxe que a xente saiba e estude o galego pero que case non o use. A xente deberíase de propoñer falalo en todas as partes e máis ca xente pola rúa e cos amigos de festa e onde sexa . E o que non entendo é que por Coruña e por Pontevedra e así falas castelán porque é o que lles gusta, pero á vez din que cando ven a alguén falando galego que “olé” por el e que lles gustaría falar o galego así que que, se din iso, por que non se propoñen a falalo e o falan sen ter que deixalo de lado e dicir que lles gustaría facelo?
    Se vos gusta, pois a falalo! E ánimo, chavales, que non e tan difícil e un mesmo se sente orgulloso de facelo e conservar a lingua propia. Un saúdo.

    Gústame

  29. Querid@s rapaces/as:
    No momento en que me decidín a deixar o meu comentario aquí, non se me pasou pola cabeza que recibiría esta clase de respostas, tan gratas respostas.
    Non vos podedes imaxinar o importante que resultou lervos a cada un/unha de vós, chegándome incluso a emocionar.
    Debo recoñecer que aínda non fun capaz de mudar a miña lingua nesta cidade tan castelanizada, non mudei a fala, pero si algo dentro de min cambiou, pois como podedes ver, desta vez xa non me sae contestarvos en castelán, é impensable!
    Comecei a ver unha serie en galego como me aconsellastes, concretamente “Serramoura”, vin tamén a “Esmorga”, descargueime un teclado-corrector en galego para o móbil, un dicionario, e medio empezo a pensar en galego e a tomar apuntes nos dous idiomas mesturados inconscientemente, cando antes só os tomaba en castelán…
    Teño que agradecervos o voso apoio e comprensión aínda sendo anónima para vós.
    Podo asegurarvos que seguirei avanzando no meu intento de mudar a miña fala a pesares das trabas.
    Moitas grazas por todo!!!
    Un saúdo e unha aperta forte para tod@s!!
    Anónima (A Coruña).

    Gústame

  30. Mil grazas, Anónima, por esta magnífica novidade!
    Porque o teu é algo novidoso nestes tempos que corren. O habitual é facer o camiño á inversa, non do castelán para o galego.
    Podo percibir pola túa forma de escribir que usaches corrector, porque non cometes unha soa falta. Dá gusto!
    Con xente coma ti haberá MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA O GALEGO!

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.