O galego deixa de ser a lingua habitual da maioría da poboación

O galego perde outra batalla. Durante anos, a mala evolución no uso, implantación e prestixio social da lingua galega era compensada, cando menos en parte, polo feito de que seguía a ser a lingua habitual da maioría da poboación do país, segundo diversos indicadores. Esta realidade comeza a mudar ou, cando menos, iso é o que revela o estudo máis recente ao respecto: os datos que emanan do censo de poboación e vivendas do INE e que o Instituto Galego de Estatística vén de debullar. O que o IGE amosa é que, no período comprendido entre 2001 e 2011, as persoas que din falar “sempre” galego caeron trece puntos e xa non son maioría.

Na anterior vaga deste estudo o 57% da poboación do país tiña o galego como lingua de uso cotián. Mentres, o 30% sinalaba que o empregaba “ás veces” e o 13%, nunca. Unha década despois os falantes habituais de galego pasan de achegarse ao 60% a non acadar nin o 45%. Concretamente, quen usan “sempre” o idioma propio de Galicia son o 44% do total, mentres que é falado “ás veces” polo 45% da poboación e “nunca”, polo 11%.

A poboación que fala “sempre” galego descendeu 13 puntos en dez anos, pero a Xunta celebra o leve incremento de bilingüismo

Malia á contundencia destes datos dende a Xunta óptase polo optimismo e case pola celebración. A través dun comunicado a Consellería de Educación, da que depende a Secretaría Xeral de Política Lingüística, di “valorar positivamente a información” deste estudo, porque da “suma” de quen usa o galego “en exclusiva” e de “quen o usa ao carón do castelán” cabe concluír que “un 89,1% da poboación usa o galego en maior ou menor medida na súa vida diaria”, o que “supón un incremento de dous puntos”, xusto o que caeron as persoas que din non usar o galego “nunca”. Para o Goberno cabe interpretar que “cada vez son máis numerosas as persoas que se expresan de xeito natural e espontáeno en calquera das dúas linguas, por considerarse con competencia para facelo”.
DATOS POR CONCELLO: Carlos Neira en Praza Pública
FONTE:PRAZA PÚBLICA
MAPA: CARLOS NEIRA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.