O mundial fala galego

“O Mundial fala galego e o galego é mundial”. Con esta frase poderíase resumir a campaña que desde o 17 de maio puxo en marcha a AGAL (Associaçom Galega da Língua) de cara ao vindeiro Campionato do Mundo de fútbol que se celebrará no Brasil neste verán. “Todo o planeta conhecerá e estará pendente do que é o jogo bonito, a torcida, a bola na rede, as bancadas ou umha folha seca. O galego, que batizado como português percorreu milhares de milhas náuticas, será centro da atençom de muitos lares nos cinco continentes”, advirte a asociación na web que supón o punto de partida para unha iniciativa que pretende volver amosar á sociedade que o galego “vale para o dia a dia mas também para eventos tão importantes coma este”.

FONTE: Praza pública

PARA SABER MÁIS: O mundial fala galego