Un polbo é un polbo

Case tres meses despois e cando xa a polémica foi esquecida, a Real Academia Galega fixo pública a súa postura ante a escolla entre “polbo” ou “pulpo”.

Como non podía ser doutra maneira ratifica a escolla de POLBO como única forma propiamente galega e argumenta:

1. Non hai ningunha dúbida de que polbo é voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual.
2. A palabra pulpo, moi utilizada na fala actual, suscita dúbidas sobre o seu carácter patrimonial.
3. Un dos criterios establecidos para a escolla entre formas léxicas para a variante normativa do galego é que “entre dúas voces ou variantes concorrentes, unha das cales é indubidablemente galega e diferencial e a outra dubidosa, escóllese a primeira”.
4. A palabra polbo, diferencial e galega, e consolidada actualmente no uso escrito, presenta continuidade cara ao sur no portugués polvo.

NADA NOVO BAIXO O SOL!

Ao que podíamos engadir aquel que di… NUNCA É TARDE, SE A DITA É BOA!

FONTE: RAG

Advertisements

2 opiniones sobre “Un polbo é un polbo

  1. Como tiña que ser!
    Paréceme xenial que decidisen quedar coa palabra polbo, como tiña que ser, e non cambiala a pulpo, xa que a polémica que iso ía traer sería ainda maior que a outra.

    Gústame

  2. Paréceme moi ben que quedaran ca palabra polbo, porque é a palabra galega, xa que senón quedaban con ela ía a traer moitros problemas.

    Gústame

Comentarios pechados.