A Mesa pola Normalización impulsa unha denuncia ante a Unesco pola “vulneración de dereitos lingüísticos de Galicia”

En 1954 presentouse unha “Denuncia diante a Unesco da perseguizón do idioma galego polo Estado Hespañol”. Desde A Mesa sinalan que, no entanto, “non só procuramos recordar o 60 aniversario dese fito da resistencia do pobo galego”, senón que, coa nova denuncia que van presentar neste 2014, “aspiramos a deter o crime contra o noso idioma que están a perpetrar as institucións que deberían protexelo”.

“Queremos internacionalizar esta información, que o mundo saiba o lingüicidio que se está a perpetrar en Galiza. Un mundo sen galego sería un mundo máis pobre”, enfatizou. Por iso, desde A Mesa pretenden traducir o relatorio que presenten perante a Unesco “a todas as linguas que poidamos” e “espallalo o máximo posíbel, porque a problemática galega debe ser coñecida”.

FONTES: A MESA pola normalización lingüística