Un polbo é un polbo

Case tres meses despois e cando xa a polémica foi esquecida, a Real Academia Galega fixo pública a súa postura ante a escolla entre “polbo” ou “pulpo”.

Como non podía ser doutra maneira ratifica a escolla de POLBO como única forma propiamente galega e argumenta:

1. Non hai ningunha dúbida de que polbo é voz patrimonial galega, que está documentada amplamente desde a época medieval e viva na fala actual.
2. A palabra pulpo, moi utilizada na fala actual, suscita dúbidas sobre o seu carácter patrimonial.
3. Un dos criterios establecidos para a escolla entre formas léxicas para a variante normativa do galego é que “entre dúas voces ou variantes concorrentes, unha das cales é indubidablemente galega e diferencial e a outra dubidosa, escóllese a primeira”.
4. A palabra polbo, diferencial e galega, e consolidada actualmente no uso escrito, presenta continuidade cara ao sur no portugués polvo.

NADA NOVO BAIXO O SOL!

Ao que podíamos engadir aquel que di… NUNCA É TARDE, SE A DITA É BOA!

FONTE: RAG

Advertisements

A Mesa pola Normalización impulsa unha denuncia ante a Unesco pola “vulneración de dereitos lingüísticos de Galicia”

En 1954 presentouse unha “Denuncia diante a Unesco da perseguizón do idioma galego polo Estado Hespañol”. Desde A Mesa sinalan que, no entanto, “non só procuramos recordar o 60 aniversario dese fito da resistencia do pobo galego”, senón que, coa nova denuncia que van presentar neste 2014, “aspiramos a deter o crime contra o noso idioma que están a perpetrar as institucións que deberían protexelo”.

“Queremos internacionalizar esta información, que o mundo saiba o lingüicidio que se está a perpetrar en Galiza. Un mundo sen galego sería un mundo máis pobre”, enfatizou. Por iso, desde A Mesa pretenden traducir o relatorio que presenten perante a Unesco “a todas as linguas que poidamos” e “espallalo o máximo posíbel, porque a problemática galega debe ser coñecida”.

FONTES: A MESA pola normalización lingüística